14 de marzo de 2026
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu o xurado e anunciou que o evento integrarase na programación de actividades culturais nos escenarios da cidade
O Centro Sociocultural Ágora acolleu esta tarde a segunda edición do concurso Torre 67 Fest, unha iniciativa organizada pola Escola Municipal de Música (EMM) que busca visibilizar a área de música moderna e, de paso, achegar á cidadanía o traballo e talento do alumnado da EMM.
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu o xurado desta segunda edición e destacou "o altísimo nivel que ten o alumnado da EMM, amosando o traballo levado a cabo polo equipo docente e visibilizando a importancia de contar con servizos municipais e culturais de formación". Un total de dez agrupacións participaron neste concurso. Rey, ademais, anunciou que o evento se integrará na programación de actividades culturais nos escenarios da cidade.
Jazzy Tower foi a formación gañadora, obtendo o dereito a representar á área de música moderna na Gala da EMM, un concerto que se celebrará no Teatro Colón o 8 de maio. Os combos participantes nesta xornada foron: 'O bigote de Dalí', 'O camiño de Hércules', 'Starband', 'Red Shoes', 'Black Shadow', 'Jazzy Tower', 'Voltavia', 'El combo de Manuela', 'Las Cookies' e 'Combo Number Five'.
Ademais de El Combo de Manuelaa, tamén foron premiados Voltavia como segundo clasificado e Combo Number Five como terceiro. O premio do público foi para El Combo de Manuela.

13 de marzo de 2026

13 de marzo de 2026

12 de marzo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible