12 de marzo de 2026
Haberá diferentes actuacións musicais, concursos e charlas divulgativas
A praza de Azcárraga, na Cidade Vella, será o epicentro das celebracións de San Patricio, nas que colabora o Concello. Gonzalo Castro, responsable de Cultura e Turismo, participou este xoves no acto de presentación destes festexos arredor da cultura irlandesa. O preámbulo celebrouse na Fundación Luis Seoane e contou tamén coa participación de Alfonso Pequeño, delegado de cervexas internacionais de Hijos de Rivera, Carlos Ávila, térnico de Cultura de Estrella Galicia, e Leonardo Méndez, presidente da asociación de veciños da Cidade Vella.
Entre este venres 13 e o domingo 15 haberá diferentes actividades na praza de Azcárraga, incluíndo actuacións musicais, concurso de tiraxe de cervexa, un curso de cultura da cervexa e sorteos. "Desde o Goberno de Inés Rey amosamos o noso apoio ao sector hostaleiro da cidade nesta data tan sinalada, colaborando na organización deste novo evento aberto a toda a cidadanía", sinalou Gonzalo Castro esta tarde, nun acto que contou con ambientación musical e unha degustación gratuíta de cervexa.
Este venres arrincarán as actuacións musicais en Azcárraga con Maghúa (19.30 horas) e Son d'aquí (20.30 horas). Haberá tamén unha actuación sorpresa para pechar a noite. O sábado 14 actuarán Os Viqueiras ás 13.30 horas. Xa pola tarde, ás 19.30, será a quenda de Os Gaiteiriños, aos que seguirán Donaire (21.00) e As Bestas (22.30). O domingo pecharase este evento coa actuación de Folerpas ás 13.30 horas. Durante a fin de semana tamén haberá propostas gastronómicas, reparto de gorros de San Patricio e distintas variedades de cervexas irlandesas.

13 de marzo de 2026

5 de febreiro de 2026

24 de xaneiro de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible