1 de octubre de 2024
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan a proba, un clásico do calendario deportivo anual da cidade, e que chega este ano á súa XVIII edición
Este domingo, 6 de outubro, terá lugar a carreira popular da Coruña 10, unha proba que cumpre a súa XVIII edición xa asentada como un clásico da programación deportiva anual que promove o Goberno de Inés Rey na cidade, e que está incluída no calendario oficial das competicións da Federación Galega de Atletismo (FGA) e a Real Federación Española de Atletismo (RFEA).
Neste sentido, máis de 2.700 persoas formalizaron a súa inscrición para participar na carreira desta fin de semana, que se disputará nun circuíto totalmente urbano. A xornada arrincará ás 10.00 horas, coa saída das e dos participantes en categoría absoluta. Son a meirande parte dos que formalizaron a súa inscrición, case un 80% do total.
A avenida da Mariña será o punto de partida e de chegada da Coruña 10, cuxo percorrido transcorrerá de inicio polo Cantón Grande, o Cantón Pequeno, Linares Rivas e a rotonda de confluencia entre a avenida do Exército e a rolda de Outeiro, punto no que as e os corredores se encamiñarán á glorieta da Casa do Mar para enfilar, posteriormente, a estrada que bordea os peiraos de San Diego e Oza. A rotonda lindeira aos estaleiros marcará a volta, que contará cun treito polo interior do Porto, a carón da lonxa, para regresar á rotonda da Casa do Mar e, xa finalmente, volver en dirección á Mariña.
Cómpre lembrar que as probas en categorías inferiores comezarán ás 11.45 horas, coa saída das persoas participantes sub-18. Será o punto de partida para as e os inscritos en sub-16, sub-14, sub-12, sub-10 e peques, con saídas cada cuarto de hora ata as 13.25 horas.
A recollida de dorsais e camisetas, a partir deste venres
As persoas inscritas poderán recoller os seus respectivos dorsais e camisetas a partir deste venres 4, no departamento de Deportes de El Corte Inglés. No caso do venres, o horario de recollida estará habilitado de 17.00 a 22.00 horas. Xa o sábado 5, de 10.00 a 21.30 horas.
De maneira extraordinaria, facilitarase tamén a recollida dos dorsais o mesmo día da carreira desde as 9.00 horas e ata media hora antes da saída de cada unha das categorías, no espazo que estará habilitado este domingo no Parrote, onde tamén se habilitarán servizos de WC e gardarroupa.
Cómpre lembrar que o servizo de duchas estará dispoñible na Cidade Deportiva de Riazor, de 10.00 a 13.30 horas, con acceso ás e aos usuarios que porten o dorsal da carreira.
También te puede interesar
6 de octubre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible