Concello da Coruña

Concello da Coruña

Servizos C10

Plano de servizos zona de meta

Nesta páxina poderá consultar todos os servizos dispoñibles para os corredores nesta edición da C10.

Pode descargar o plano de situación no documento adxunto ao pé da páxina.

ENTREGA DE DORSAIS

Lugar: El Corte Inglés (Rúa Ramón y Cajal 57 15006 A Coruña)

Días e Horario:

  • Mércores: 17.00 h a 21.30 h
  • Xoves, venres e sábado: 10.00 h a 21.30 h

Non se entregarán dorsais o mesmo día da carreira.

Os dorsais poden ser recollidos por unha persoa autorizada polo participante, que deberá presentar os datos de inscrición para fins de identificación.

SERVIZO DE GARDARROUPA

Especificarase a localización e o horario de servizo de gardarroupa.

WC

Estarán a disposición aseos portátiles localizados na zona de saída/meta, e no punto de avituallamento (km 5 aprox.) do trazado de Coruña10.

SERVIZO DE DUCHAS

Estarán dispoñibles na Cidade Deportiva de Riazor, ás que poderán acceder co dorsal de carreira.

Horario: 09.30 a 14.00 h

SERVIZOS MÉDICOS

A proba disporá dos servizos médicos recomendados pola RFEA e de acordo coa lexislación vixente.

A organización disporá dunha póliza de seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente. Todas as persoas rexistradas estarán cubertas por unha póliza de seguros de accidentes segundo o Real Decreto 849/1993, de 4 de xuño, que determina as prestacións mínimas do Seguro Obrigatorio Deportivo.

Recomendamos a todas as persoas participantes que cubran a parte posterior do dorsal, indicando os datos de nome, apelidos, datos médicos de interese (grupo sanguíneo, alerxias, enfermidades crónicas, se está baixo algún tratamento específico etc) así como teléfono/s e contacto/s en caso de emerxencia.

HORARIOS DE SAÍDA

CATEGORÍA

HORARIO*

DISTANCIA

Absoluta ( Categorias Sub 20 a Máster 7)

10.00

10.000m aprox.

Sub 18 (nados/as nos anos 2009/2010)

11.45

2.500 m aprox.

Sub 16 (nados/as nos anos 2011/2012)

12.00

2.500 m aprox.

Sub 14 feminina (nados/as nos anos 2013/2014)

12.15

1.425 m aprox.

Sub 14 masculino (nados/as nos anos 2013/2014)

12.30

1.425 m aprox.

Sub 12 feminino (nados/as nos anos 2015/2016)

12.45

845 m aprox.

Sub 12 masculino (nados/as nos anos 2015/2016)

12.55

845 m aprox.

Sub 10 feminino (nados/as nos anos 2017/2018)

13.05

845 m aprox.

Sub 10 masculino (nados/as nos anos 2017/2018)

13.15

845 m aprox.

Peques (nados/as nos anos 2019 e posteriores)

13.25

150 m aprox.

*Os horarios son aproximados, dependendo do volume de participantes de cada categoría.

A organización pode facer variar as carreiras en cada idade.

CAIXÓNS DE SAÍDA

Estableceranse caixóns de saída segundo os tempos indicados no formulario de inscrición (sempre en probas homologadas):

  • Caixón 1: AZUL: elite e ata 35:00
  • Caixón 2: VERMELLO: máis de 35:00 ata 39:00
  • Caixón 3: VERDE: máis de 39:00 ata 43:00
  • Caixón 4: AMARELO: máis de 43:00 ata 55:00
  • Caixón 5: LARANXA: máis de 55:00 ou sen marca

LEBRES

CORREDOR/A
TEMPO 10K
RITMO MEDIO (min/km)
LUCAS PRADA
37'
3:42
RUBÉN SÁNCHEZ
40'
4:00
IRIS MARSAL
45'
4:30
LARA SOLSONA
45'
4:30
CLAUDIA VILLAR
50'
5:00
FER DEL CORRAL
50'
5:00
IVAN E DANI BLANCO
55'
5:30
TIRSA VILA
60'
6:00

ENTREGA DE TROFEOS

Outorgaranse os trofeos no palco da entrega de premios ás tres primeiras persoas clasificadas de cada unha das categorías indicadas no artigo 22.

Horario de entregas:

  • Entrega de trofeos da XX Carreira Popular C10

    • Horario: a partir das 11.30 h aprox.

  • Entrega de trofeos das carreiras de menores (Sub 18, Sub 16, Sub14, Sub 12 e Sub10)

    • Horario: a partir das 13.45 h aprox. (condicionado pola participación da categoría Peques)

As/os atletas deberanse situar na zona próxima á entrega de trofeos no momento no que pola megafonía se anuncie o seu comezo, así como estar pendentes da chamada a cada unha das categorías.

Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten no momento da entrega do seu trofeo, perderán o dereito para recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas nomeadas. Non se lle entregará o trofeo a ninguén que non sexa a/o propia/o atleta.

Agradecémoslle ás persoas responsables dos menores que teñan constancia de que a/o atleta non está presente, que o comuniquen na zona do palco de entrega de trofeos canto antes para evitar agardas innecesarias.

Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada para a súa ausencia no momento da entrega, deberán poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes, durante un prazo máximo de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos. Se non se recollen no prazo sinalado, entenderase que renuncian a el.

Para a categoría "Peques", a carreira é unicamente participativa e non competitiva. Todas as persoas participantes nesta categoría recibirán unha medalla.

Informarase da organización de Peques no momento previo á saída.

AVITUALLAMENTOS

Establecerase un punto de avituallamento durante o percorrido e outro na liña de meta para favorecer a hidratación das persoas participantes. Calquera avituallamento fóra da zona marcada pode supoñer a descualificación da proba.

Ademais, poñeranse a disposición das/dos corredoras/es colectores suficientes para a recollida selectiva de residuos e que son de uso obrigatorio, polo que a non utilización destes por parte das/dos atletas poderá supor a descualificación.

CLASIFICACIÓNS

Publicaranse nas páxinas web do Concello da Coruña e FGA. Non haberá exposición física das listaxes de resultados.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión