29 de agosto de 2025
A programación inclúe actividades para cinco tramos de idade e máis de vinte disciplinas deportivas: de natación a escalada, pasando por atletismo, ioga, judo, pilates e patinaxe artística
O vindeiro luns 1 de setembro abrirase o prazo de solicitudes para optar ás 1.055 prazas dispoñibles de cara á nova tempada das Escolas Deportivas Municipais, un programa impulsado polo Concello e que conta cunha ampla oferta de actividades deportivas para todas as idades.
Como xa é habitual, a programación das EDM está definida para cinco grupos de idade (6-8 anos, 9-11 anos, 12-17 anos, 18-64 anos e máis de 65 anos), unha filosofía que, como explicou o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, "permítenos fomentar os hábitos de vida saudables e a práctica deportiva a escala interxeracional e contribúe tamén a visibilizar a importancia da socialización e de valores como o traballo en equipo".
As EDM contan, ano tras ano, cunha oferta total de máis 4.600 prazas, con persoas que manteñen a súa participación en cada exercicio. Neste sentido, e tras completarse o prazo de renovación previo, a oferta de prazas libres de cara ao curso 2025-26 é de máis dun milleiro, e inclúe actividades como natación, patinaxe artística, waterpolo, ximnasia, aikido, atletismo, bádminton, judo, esgrima, boxeo, tenis, escalada, bujutsu, pádel, marcha nórdica, ioga, pilates, zumba e tonificación.
"Hai moitas posibilidades en todos os tramos de idade, con disciplinas deportivas que tamén son visibles en eventos anuais como o Día do Deporte na Rúa. Está constatado que a participación en citas como esta supón, en moitos casos, un primeiro paso que abre camiño á inscrición posterior en programas como as Escolas Deportivas Municipais. E iso é un motivo de orgullo", agregou Vázquez.
Como xa é habitual, as actividades terán lugar en instalacións municipais como as cidades deportivas da Torre ou Riazor, pavillóns polideportivos municipais como os da Sagrada Familia, Novo Mesoiro, Barrio das Flores, Os Rosales e San Francisco Xabier, a Casa da Auga e tamén en complexos deportivos como o de San Diego ou o do Club do Mar de Santo Amaro.
O prazo de solicitudes, aberto ata o luns 8 de setembro
As persoas interesadas en solicitar praza nas diversas actividades das Escolas Deportivas Municipais poderán facelo entre os días 1 e 8 de setembro, a través do formulario habilitado na sede electrónica do Concello, onde tamén se poderá consultar toda a información e o calendario de datas clave para visualizar as listaxes provisionais, definitivas e a apertura do proceso de matrícula.
Máis información na páxina web de Deportes Coruña .
También te puede interesar

26 de marzo de 2026

26 de marzo de 2026

23 de marzo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible