Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de mayo de 2023

Mañá, venres 12 de maio, entran en servizo as tres novas estacións de BiciCoruña en Agrela, Marineda City e no Abente y Lago

Ademais, e tamén este venres, o Concello instalará catro novas bases en Novo Mesoiro, Someso, O Birloque e A Maestranza

O Concello da Coruña activará este venres as tres novas estacións de BiciCoruña na rúa Gútemberg (polígono de Agrela), no camiño do Martinete lindeiro ao centro comercial Marineda City e, por último, na rúa San Francisco (na contorna do centro hospitalario Abente y Lago).

A nova estación da rúa Gútemberg, localizada diante do centro de negocios de Agrela, instalouse a mediados de abril tras executarse traballos de reurbanización na contorna, o que tamén permitiu ampliar o número de prazas de estacionamento en batería no lugar. Esta base, que estará activa desde mañá, conta con 23 ancoradoiros, con cadansúas bases de carga para os vehículos.

A base de Marineda City, lindeira ao carril de saída do camiño do Martinete cara a avenida de Arteixo, conta con outros 23 ancoradoiros. A súa localización, próxima ao paso de peóns que dá acceso ao sector noreste do centro comercial, permite conectar coa pasarela de uso peonil e ciclista que remata no carril bici da avenida de Arteixo. A este respecto, e como paso previo á activación da base, Mobilidade executou o pasado luns diversos traballos para mellorar a sinalización na contorna da estación.

No referente á nova base situada na rúa San Francisco, a súa instalación concretouse diante do xardín que hai diante do Museo Militar. A idea orixinal era que esta estación se instalase diante do Castelo de San Antón, mais cambiouse a súa situación co obxectivo de facilitar o acceso ao servizo de BiciCoruña nun enclave, a contorna do hospital Abente y Lago, que ten unha relación moito máis directa coa mobilidade da cidadanía.

No contexto dos traballos previos para instalar esta base, que conta con 15 ancoradoiros, desprazáronse tamén os espazos de estacionamento PMR, destinados a persoas con mobilidade reducida. Aproveitando a intervención, aumentouse a dotación de prazas PMR, pasando de tres a catro prazas.

Desde mañá, coa posta en marcha das bases da rúa Gútemberg, Camiño do Martinete e a rúa San Francisco serán 43 as estacións habilitadas nos barrios da Coruña. Todas as bases estarán dispoñibles desde as 07.00 da mañá ata a 01.00 da madrugada, facilitando os desprazamentos laborais a primeira hora e tamén o regreso das persoas usuarias aos seus domicilios en horario nocturno.

Instalación de novas bases: Novo Mesoiro, Someso, O Birloque e Maestranza 

Ademais, tamén este venres, en horario matinal, o servizo de Mobilidade ten previsto acometer a instalación de catro novas bases de BiciCoruña, situadas nos barrios de Novo Mesoiro, Someso e O Birloque, así como na Maestranza. Coa súa inminente integración en rúa, pasarán a ser 47 as estacións existentes na cidade.

A nova estación de BiciCoruña no barrio de Novo Mesoiro estará situada na rúa Illas Sisargas, próxima á rotonda que conecta coa avenida Novo Mesoiro e as rúas Illas Cíes e Laxe. Conta con 23 ancoradoiros, con cadansúas bases de carga para os vehículos.

No referente á nova base do barrio de Someso, a estación estará localizada na avenida da Universidade, fronte ao recinto feiral de Expocoruña e en paralelo ao novo treito de carril bici que se está a construír na contorna. Dispón de 19 ancoradoiros, con cadansúas bases de carga para os vehículos.

Ademais, instalarase este venres unha nova base de BiciCoruña no barrio do Birloque. Está situada, concretamente, na praza Agustín Díaz, lindeira ao complexo polideportivo de Elviña. Ao igual que a estación de Someso, conta con 19 ancoradoiros e as súas respectivas bases de carga para os vehículos.

En paralelo, e tamén mañá pola mañá, está previsto instalar a nova base da rúa da Maestranza, na contorna do reitorado da Universidade da Coruña. Contará con 19 ancoradoiros e as súas respectivas bases de carga para os vehículos.

Neste sentido, o proceso para que as bases entren en funcionamento implica a súa activación posterior, cuestión que habitualmente se resolve nun prazo de dúas ou tres semanas dependendo dos casos, ao implicar trámites como a correspondente revisión da instalación eléctrica unha vez está conectada á base -co obxectivo de evitar posibles sobrecargas-, a instalación do software asociado ao servizo e tamén a autorización final de Industria.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión