15 de junio de 2025
O Goberno de Inés Rey promove este evento para dar a coñecer a actividade das entidades e clubs deportivos da cidade
A contorna da cidade deportiva de Riazor e as praias de Riazor e Orzán acolleron este domingo a edición número 38 do Día do Deporte na Rúa, unha iniciativa municipal coa que o Goberno de Inés Rey busca promover e incentivar a actividade que desenvolven as entidades deportivas da cidade. Este ano bateuse o récord de participación, con 93 entidades e clubs participantes nun total de 63 modalidades.
"Desde o Goberno de Inés Rey buscamos o fomento do deporte a todas as idades e, por iso, traballamos da man de moitas asociacións e clubs que hoxe amosan á cidadanía, nun acto multitudinario e en aberto, todo o seu potencial", indica Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes. Todas as actividades celebradas hoxe estiveron abertas a toda a cidadanía. Ademais, houbo sorteos de agasallos e eventos especiais.

30 de abril de 2026

28 de abril de 2026

27 de abril de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible