Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de maio de 2025

Nereida Canosa reafirma o compromiso do Concello coa inclusión social nos actos polo décimo aniversario do centro de día Acouga

O centro de día, xestionado por Accem, celebrou hoxe a súa década de percorrido desde que abriu as súas portas

A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, participou hoxe no acto polo décimo aniversario do centro de día Acouga, xestionado por Accem, onde reafirmou o compromiso do Concello coa inclusión social e co apoio continuado a iniciativas que acompañan ás persoas sen fogar, así como co traballo en rede con entidades que atenden á poboación máis vulnerable.

"Traballar en rede é máis ca unha estratexia: é unha necesidade. E podemos dicir con orgullo que, na nosa cidade, esta colaboración é xa unha realidade consolidada. En materia de senfogarismo, o Equipo Municipal de Inclusión Social (EMIS) coordínase estreitamente con Acouga e co conxunto de entidades sociais da cidade, tecendo unha rede de recursos que inclúe centros de baixa esixencia, albergues, centros sociais de atención continuada ou servizos de intervención en rúa. Un modelo que é exemplo de como o traballo en rede permite dar respostas integradas e adaptadas a unha realidade social en constante transformación", indicou Canosa.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión