9 de septiembre de 2025
‘Camino a la Meca’ abre este 12 e 13 de setembro o ciclo, coas derradeiras entradas á venda
O Ciclo Principal de Outono do Teatro Rosalía volveu a bater nesta edición o seu récord de persoas abonadas, cun total de 741. Este dato supón unha subida de 107 abonados/as con respecto ao pasado ano, cando tamén se estableceu o máximo en 634. As primeiras funcións desta edición do ciclo celebraranse este venres 12 e sábado 13. Tratase da obra 'Camino a la Meca', de Athol Fugard e protagonizada por Lola Herrera. As derradeiras entradas para ambos pases continúan á venda na praza de Ourense, Ataquilla e, o día da función, na billeteira do teatro. "Este novo éxito do Ciclo Principal amosa o bo traballo levado a cabo desde o Goberno de Inés Rey por elevar as artes escénicas dentro da nosa programación cultural, ofrecendo producións de primeiro nivel nacional", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
Nesta nova edición do Ciclo Principal de Outono destaca a presenza de grandes figuras da actuación a nivel nacional como a propia Lola Herrera. Tras 'Camino a la Meca', 'Go Home' regresará aos escenarios da cidade coa figura destacada de Josito Porto, nun papel que lle valeu o recoñecemento a nivel nacional. As representacións serán o 26 e 27 de setembro.
Tamén destaca dentro da programación 'Matres', que se representará o venres 10 de outubro. Esta obra producida pola compañía Cia Campi Qui Pugui acadou distintos premios este ano, como o Premio á Mellor Autoría nos Premios Feten 2025. Un espectáculo que destacará polo seu formato será 'El Enterrador', no que Pepe Zapata invitará o público a subir ao escenario e ver desde outra perspectiva a actuación. A programación do Ciclo Principal de Outono tamén inclúe a adaptación de Ignacio del Moral e Javier Hernández-Simón da premiada película 'Los lunes al sol', de Fernando León de Aranoa, que se representará os días 12 e 13 de decembro. O ciclo pecharase o 27 de decembro cunha proposta en clave coruñesa: 'Crisálida', de Juan Rodríguez e Laura Sarasola. Esta obra explorará a memoria colectiva da cidade.
Todas as funcións do ciclo serán ás 20.30, salvo 'El Enterrador', que terá unha dobre sesión ás 18.30 e 20.30 horas.
Programación do Ciclo Principal de Outono 2025

15 de noviembre de 2025

31 de octubre de 2025

9 de octubre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible