Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de julio de 2026

O Concello asina catro convenios con entidades do tecido empresarial para contribuír á dinamización económica na cidade

A alcaldesa, Inés Rey, formalizou o apoio ás asociacións de empresarios dos polígonos de Agrela e Pocomaco, á Camara Oficial de Comercio da Coruña e á Oficina de Promoción Tecnológica e Industrial de A Coruña, cun investimento total de 40.000 €

A alcaldesa, Inés Rey, asinou hoxe en María Pita varios convenios de colaboración con algunhas das entidades empresariais máis importantes do tecido local, aos que se destina un total de 40.000 euros de investimento. Concretamente, coa Asociación de Empresarios del Polígono de Pocomaco, coa Asociación de Empresarios de Agrela, coa Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña e coa Oficina de Promoción Tecnolóxica e Industrial da Coruña (impulsada tamén pola Cámara). 

"Estes acordos reforzan o papel do Concello no apoio á dinamización económica da cidade a través do traballo directo co ámbito empresarial, coa realización de actividades e formacións. Desde o Goberno municipal cremos nunha acción dirixida e centrada nos ámbitos e sectores clave para o desenvolvemento económico. Por iso imos continuar pola senda de facer máis fortes os nosos polígonos e as entidades que contribúen a dinamizar o sector privado", apuntou a alcaldesa, Inés Rey. 

Os acordos coas entidades supoñen unha aportación municipal de 10.000 euros para cada unha delas, co obxectivo de levar a cabo os seus respectivos programas anuais, que inclúen cursos de apoio aos emprendedores e ás empresas, actividades de dinamización e apoio directo a proxectos en desenvolvemento, buscando tamén potenciar os investimentos externos e internos na cidade. 

En representación das asociacións empresariais, acudiron á sinatura a presidenta da Asociación de Empresarios do Polígono de Pocomaco, Lucía López Teijeira; o presidente da Asociación de Empresarios de Agrela, Joan Vidal Amiel; e o presidente da Cámara de Comercio da Coruña, Antonio Couceiro.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión