Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

30 de junio de 2026

O Concello celebra os 10 anos de Accede Papagaio e o éxito dos Centros Municipais de Empresas no fomento do emprendemento na cidade

O espazo acollerá unha xornada conmemorativa o próximo 2 de xullo, con charlas, dinámicas de networking e un acto de peche con música en directo

O Concello celebrará o próximo xoves, 2 de xullo, unha xornada para conmemorar o décimo aniversario do Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio, que xunto ao centro de Agrela integra a rede de dinamización e apoio aos proxectos empresariais locais, como parte da liña estratéxica do Goberno de Inés Rey para apoiar o tecido emerxente de pequenas empresas e iniciativas de negocio na cidade.  

"Os Centros Municipais de Empresas, Papagaio e Agrela, forman unha rede fundamental para dinamizar a vida económica da cidade, apoiando a autónomos e pequenas empresas no desenvolvemento dos seus proxectos, ofrecendo non só espazos de traballo, senón tamén formacións e acompañamento de profesionais de diferentes sectores", valorou o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego. 

As actividades comezarán ás 17.30 horas co repartimento de acreditacións. Ás 18.00 será a benvida institucional e ás 18.30 comezarán charlas sobre distintas temáticas vinculadas ao emprendemento. A xornada rematará ás 20.30 horas, co acto de peche e música en directo. As persoas interesadas poden inscribirse nesta ligazón.

O Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio, activo desde 2016, deu cabida a preto de 70 iniciativas empresariais, converténdose nun espazo dinámico, flexible e adaptado a novas formas de traballo, onde o networking, a formación e a cooperación forman parte do día a día. Pola súa banda, O CME de Agrela, en funcionamento desde 2010, é outro exemplo desta vocación de apoio. Ao longo da súa traxectoria acolleu a 48 empresas, das que o 70% seguen hoxe en activo, "un dato que reflicte a eficacia do acompañamento ofrecido e a calidade do ecosistema que se xera no centro", apuntou Juan Ignacio Borrego. 

Un impulso do Goberno municipal

En 2025, a evolución destes centros deu un paso máis coa modificación da ordenanza municipal que os regula, o cal supuxo un cambio estratéxico clave impulsado polo Goberno de Inés Rey. Esta nova normativa simplificou o acceso, mellora os procesos e, sobre todo, ampliou as oportunidades para as empresas aloxadas. 

Outro dos avances máis relevantes foi a ampliación dos tempos de permanencia, polo que os proxectos poden desenvolverse de forma máis completa, percorrendo distintas fases: desde a preincubación ata a consolidación, por un período total de ata 9 anos. Así, as empresas xa non se enfrontan a límites curtos de estadía, senón que dispoñen dun itinerario máis amplo para medrar favorecendo a súa maduración, estabilidade e capacidade de competir no mercado.

"En definitiva, os centros CME Agrela e CME Accede Papagaio non só impulsaron empresas, senón que construíron un ecosistema emprendedor en constante evolución. Máis dun cento de proxectos impulsados e unha elevada taxa de supervivencia tetemuñan o impacto no tecido produtivo local", engadiu Juan Ignacio Borrego. 

Deste xeito, os centros municipais de empresas posiciónanse como un elemento estratéxico das políticas públicas de promoción económica, ofrecendo unha contorna que impulsa o desenvolvemento empresarial, favorece a consolidación das empresas e contribúe activamente á xeración de actividade económica na Coruña.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión