18 de octubre de 2018
A praza de Lugo conta, até o 24 de outubro, con dous contedores rosas. Por cada quilo de envases de vidro que se depositen nestes colectores, a entidade responsable da xestión do reciclado deste tipo de material doará un euro á fundación Solidaridad frente al Cáncer
O Concello da Coruña participa esta semana na campaña estatal Recicla vidrio por ellas, unha iniciativa solidaria impulsada pola entidade sen ánimo de lucro Ecovidrio e que ten, como principal obxectivo, mobilizar á veciñanza na reciclaxe de envases de vidro para apoiar unha das fundacións implicadas na loita contra o cancro.
A campaña, que nace ao abeiro do Día Mundial do Cancro de Mama, o 19 de outubro, e na que participan máis de 60 cidades de todo o Estado, supón a instalación de dous contedores de recollida de este tipo de material na praza de Lugo. Por cada quilo de envases de vidro que a veciñanza deposite nos contedores, Ecovidrio procederá a doar un euro á Fundación Sandra Ibarra de Solidaridad Frente al Cáncer. Os colectores, que se poderán identificar a través dunha característica cor rosa, estarán dispoñibles para o depósito deste tipo de residuos até o vindeiro mércores, día 24.
Tal e como apunta a concelleira de Medio Ambiente, María García, esta iniciativa solidaria "pode favorecer tamén o incremento da concienciación respecto á separación en orixe de residuos". "A Coruña segue a dar pasos para mellorar a recuperación do vidro. Tan só no ano 2017 recicláronse un total de 3.567 toneladas deste material, o que supón unha media de 14,6 kg por habitante. Iniciativas como esta campaña poden impulsar ese aumento, á vez, da corresponsabilidade cidadá", advirte a responsable municipal.

17 de diciembre de 2025

13 de diciembre de 2025

11 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible