2 de noviembre de 2025
Habilitarase un xiro á esquerda cara á avenida de Fisterra, dando resposta a unha das principais demandas da veciñanza
O Concello da Coruña inicia a semana que vén as obras de mellora na rúa Santiago de la Iglesia, situada na contorna da avenida de Fisterra. Trátase dunha actuación que permitirá mellorar a accesibilidade, renovar as infraestruturas e reorganizar a circulación viaria, dando resposta ás necesidades da veciñanza da zona.
O cambio máis salientable será a habilitación dun novo xiro á esquerda desde Santiago de la Iglesia cara á avenida de Fisterra, que permitirá acceder directamente á rúa Rei Abdullah. Ata o de agora, este movemento non estaba permitido, o que obrigaba a realizar percorridos máis longos por vías alternativas. A medida atende unha demanda reiterada do barrio e suporá unha mellora notable na mobilidade diaria.
A intervención abrangue tamén a renovación dos pavimentos de beirarrúas e calzada, así como a mellora integral da rede de pluviais, coa substitución dos colectores e sumidoiros ao longo de toda a vía. Estes traballos permitirán reforzar a capacidade de drenaxe e adaptar a rúa ás necesidades actuais da contorna.
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, destacou que "actuacións como esta melloran directamente o día a día das persoas, resolvendo demandas históricas e facendo da Coruña unha cidade máis cómoda e accesible".
Esta intervención forma parte da aposta do Goberno de Inés Rey por seguir transformando os barrios da cidade con actuacións próximas, útiles e pensadas para mellorar a calidade de vida da veciñanza.

18 de marzo de 2026

27 de febrero de 2026

27 de febrero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible