25 de septiembre de 2026
O tramo xa está aberto ao tráfico rodado, e a intervención forma parte do proxecto de reurbanización e ampliación dos equipamentos e servizos de San Pedro de Visma de cara aos proxectos urbanísticos en marcha
O Concello completou as obras de remodelación da rotonda que conectará Visma coa Terceira Rolda, unha infraestrutura que foi adaptada para mellorar a accesibilidade ao que actualmente é un polígono urbanístico en desenvolvemento e, nos vindeiros anos, cobrará forma como un novo barrio con máis de 3.600 vivendas, das que unha cuarta parte serán de protección oficial. A zona xa foi aberta ao tráfico rodado. Esta actuación forma parte das remodelacións e ampliación de servizos e equipamentos levados a cabo polo Goberno de Inés Rey nesta zona da cidade de cara á próxima chegada de novos veciños grazas ao desenvolvemento urbanístico.
"Os traballos do Concello nesta contorna están a levarse a cabo en varios frontes e moi intensamente para darlle unha nova vida a unha zona que está no centro do crecemento futuro da cidade. Os traballos de reubanización na áreas están completados en máis dun 74 %, coa habilitación en marcha de máis de 90.000 metros cadrados de espazos ao aire libre, 86.000 metros cadrados de rede viaria, sendas peonís e carrís bici e case 50.000 metros cadrados reservados para equipamentos municipais, entre outras melloras", apuntou a alcaldesa, Inés Rey.
A reconfiguración desta glorieta -que tamén permite crear novas conexións e accesos ao núcleo de San Pedro de Visma-, foi executada pola Xunta de Compensación que está a urbanizar a zona. A intervención neste sector, que pasa a contar de novo con dous carrís de circulación por sentido, aparellara melloras substanciais neste acceso á cidade: ademais da creación de percorridos peonís ata agora inexistentes, con novas beirarrúas, tamén se habilitará un novo treito de carril-bici que estará conectado co futuro barrio de Visma. E en paralelo, coa reurbanización desta zona, tamén está previsto que se creen novos espazos de estacionamento.
Ademais, aproveitando a intervención na rotonda, executáronse as canalizacións urbanas correspondentes: saneamento de pluviais, residuais, abastecemento, rede eléctrica, telecomunicacións, gas e iluminación pública.

2 de septiembre de 2026

31 de julio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible