16 de agosto de 2025
O concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, participou na ofrenda floral organizada polo Circo de Artesáns nos xardíns de Méndez Núñez
O Concello da Coruña participou este sábado na ofrenda floral celebrada con motivo do centenario do busto de Eduardo Pondal, situado nos xardíns de Méndez Núñez. O concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, asistiu ao acto en representación da corporación municipal.
A homenaxe foi organizada polo Circo de Artesáns, entidade promotora do monumento inaugurado en 1925, que desde entón forma parte do espazo público coruñés como recordo á figura do poeta de Ponteceso. O busto de Pondal foi o primeiro erguido na cidade en honra dun autor galego.
Durante a súa intervención, o concelleiro destacou a vixencia do pensamento pondaliano e o seu vínculo coa cidade: "Este busto lembra o máis coruñés, o máis atlántico dos Pais do noso País". Castro anunciou ademais que o Concello impulsará unha homenaxe nacional ao dramaturgo coruñés Manel Lourenzo, recentemente falecido, como recoñecemento ao seu legado e ao seu compromiso coa palabra como ferramenta de liberdade.
O Goberno de Inés Rey agradece ás entidades organizadoras a celebración deste acto e reafirma o seu compromiso coa defensa da lingua e da cultura galegas, así como coa promoción dunha memoria histórica viva, que se proxecte cara ao futuro desde os valores da identidade e da cohesión social.

14 de diciembre de 2025

13 de diciembre de 2025

12 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible