Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de septiembre de 2026

O Concello convoca 18 novas prazas de emprego público

No que vai de ano, a Administración local abriu procesos selectivos para 94 postos, incluíndo 50 de acceso libre, 37 de promoción interna e 6 de mobilidade

O Concello abre a convocatoria para 18 prazas de emprego público municipal de acceso libre para reforzar os servizos públicos da Administración local. Os postos para cubrir son de técnico/a da Administración Xeral. Para acceder ao proceso, as persoas candidatas deben posuír ou estar en condicións de obter o título universitario oficial de grao ou estar en posesión de  titulacións de licenciatura, enxeñería, arquitectura ou equivalente. 

"Unha Administración forte é fundamental para que as cousas funcionen. Máis persoal nas distintas áreas que conforman a actividade municipal significa máis capacidade de facerlles fronte aos retos da cidade. Cremos que a forma de cumprir coa cidadanía pasa polo reforzo tanto de medios materiais como de medios humanos", apuntou o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, quen recordou tamén a importancia do Concello para contribuír a crear emprego público de calidade.

No que vai de ano, o Concello levou a cabo un reforzo dos recursos humanos da Administración local coa convocatoria dun total de 94 prazas en diferentes departamentos, incluíndo postos de acceso libre por oposición (50), de promoción interna (37) e de mobilidade (6). 

"Durante moitos anos este Concello apenas convocou praza e reduciu a súa capacidade de resposta ante os problemas da cidadanía. Por indicación da nosa alcaldesa, esta situación mudou desde o pasado mandato: hoxe temos máis emprego público e mellores servizos e seguiremos por esta senda tal e como estableceu Inés Rey", indicou o tamén primeiro tenente de alcaldesa, José Manuel Lage.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión