23 de setembro de 2026
No que vai de ano, a Administración local abriu procesos selectivos para 94 postos, incluíndo 50 de acceso libre, 37 de promoción interna e 6 de mobilidade
O Concello abre a convocatoria para 18 prazas de emprego público municipal de acceso libre para reforzar os servizos públicos da Administración local. Os postos para cubrir son de técnico/a da Administración Xeral. Para acceder ao proceso, as persoas candidatas deben posuír ou estar en condicións de obter o título universitario oficial de grao ou estar en posesión de titulacións de licenciatura, enxeñería, arquitectura ou equivalente.
"Unha Administración forte é fundamental para que as cousas funcionen. Máis persoal nas distintas áreas que conforman a actividade municipal significa máis capacidade de facerlles fronte aos retos da cidade. Cremos que a forma de cumprir coa cidadanía pasa polo reforzo tanto de medios materiais como de medios humanos", apuntou o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, quen recordou tamén a importancia do Concello para contribuír a crear emprego público de calidade.
No que vai de ano, o Concello levou a cabo un reforzo dos recursos humanos da Administración local coa convocatoria dun total de 94 prazas en diferentes departamentos, incluíndo postos de acceso libre por oposición (50), de promoción interna (37) e de mobilidade (6).
"Durante moitos anos este Concello apenas convocou praza e reduciu a súa capacidade de resposta ante os problemas da cidadanía. Por indicación da nosa alcaldesa, esta situación mudou desde o pasado mandato: hoxe temos máis emprego público e mellores servizos e seguiremos por esta senda tal e como estableceu Inés Rey", indicou o tamén primeiro tenente de alcaldesa, José Manuel Lage.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible