20 de junio de 2023
As persoas que desexen visitar o Aquarium Finisterrae deberán reservar as entradas a través da plataforma municipal de ticketing, a partir das 10.00 horas deste mércores 21 de xuño
Co gallo do festivo local de San Xoán, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae ofrecen unha xornada con entrada de balde. Desta forma, o Concello, a través da rede de Museos Científicos Coruñeses, ofrece a posibilidade de disfrutar de exposicións interactivas, as sesións de alimentación ás focas do acuario ou a asistencia ás sesións do planetario.
As persoas que desexen visitar o Aquarium Finisterrae deberán reservar entradas a través da páxina web ticketing.coruna.gal/mc2/aq desde este mércores 21 de xuño ás 10.00 horas. Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o precisan. A este respecto, para acceder á Casa das Ciencias e á Domus non é preciso realizar reserva.
As persoas que, ademais, queiran asistir a unha sesión do planetario na Casa das Ciencias, deberán retirar invitacións, que se repartirán media hora antes de cada sesión na recepción do museo, cun máximo de dúas invitacións por persoa.
A programación do planetario prevista para este sábado 24 será a seguinte:
O horario de apertura dos Museos Científicos Coruñeses será de 10.00 a 19.00 horas, co último acceso ás 18.00 horas no Aquarium Finisterrae e ás 18.30 horas tanto na Casa das Ciencias como na Domus.
19 de diciembre de 2025

15 de noviembre de 2025

6 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible