6 de novembro de 2025
O Concello busca potenciar a visibilidade e posicionamento da rede de Museos Científicos Coruñeses, que este sábado inician a súa programación da Semana da Ciencia 2025
Este xoves, no Pleno ordinario de novembro, a Corporación municipal aprobou por unanimidade a adhesión dos Museos Científicos Coruñeses á Asociación de Museos y Centros de Ciencia y Técnica de España, unha medida coa que o Goberno de Inés Rey busca potenciar a visibilidade e posicionamento da Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae a escala estatal e continental.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, destacou o traballo de educación e divulgación científica que se fai desde a rede de museos municipais, e subliñou a aposta do Goberno de Inés Rey "por poñelos en valor e defendelos". Castro avanzou, ademais, que o Executivo local está a dar os primeiros pasos para presentar novas candidaturas de adhesión cunha perspectiva internacional. Por exemplo, á Asociación Europea de Museos.
A incorporación da rede a Asociación de Museos y Centros de Ciencia y Técnica de España dáse, ademais, nun contexto moi especial, xa que A Coruña é unha das cidades do país que celebrará actividades para todos os públicos no contexto da Semana da Ciencia 2025, desde este sábado 8 e ata o día 16 de novembro.
Actividades relacionadas

15 de novembro de 2025

3 de novembro de 2025

24 de outubro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible