14 de junio de 2025
En paralelo, nos últimos días rematáronse actuacións de mellora nas áreas de xogo das Xubias e na rúa Azucenas, no Barrio das Flores
O Concello acometerá proximamente a remodelación do parque infantil da praza Francisco Prego, un espazo situado no interior do barrio da Falperra no que se incrementará a superficie de xogo, o que permitirá duplicar a súa capacidade actual, que pasará de 10 a 27 persoas usuarias.
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, detallou polo miúdo as actuacións previstas, que consistirán na renovación e ampliación do firme de caucho, a substitución dos xogos por uns equipamentos totalmente novos -cunha nova estrutura multixogo con capacidade para 22 nenas e nenos- e tamén a incorporación dun novo valado perimetral, con materiais máis resistentes fronte á deterioración e ás inclemencias meteorolóxicas.
Tras a recente reurbanización da rúa Pla y Cancela, e coa próxima licitación das obras do novo centro de saúde de Santa Lucía, o Goberno de Inés Rey avanza coa súa folla de ruta para dar resposta ás necesidades da Falperra. "As melloras no parque infantil de Francisco Prego tamén estaban sobre a mesa, e nas vindeiras semanas arrincarán as obras", apuntou Díaz, que estimou un prazo de aproximadamente dous meses, desde a súa posta en marcha, para rematalas.
Actuacións nos parques infantís das Xubias e na rúa Azucenas
En paralelo, o Concello continúa con actuacións de mantemento e conservación noutras áreas infantís da cidade. É o caso das existentes nas Xubias e na rúa Azucenas, onde estes últimos días se completou a renovación do firme de caucho dos espazos de xogo, unha tarefa que, cada certo tempo, é necesaria para reforzar a seguridade das crianzas.

22 de junio de 2026

21 de junio de 2026

20 de junio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible