Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de decembro de 2022

O plan abrangue tres liñas de intervención: a creación do Parque Cidade na contorna do Martinete, a recuperación dun tramo do río Mesoiro, e actuacións de mellora nas áreas verdes do campus universitario

O Concello e a Universidade da Coruña proxectan a creación e recuperación de áreas verdes no Martinete, Someso e o campus de Elviña

A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a proposta de participación na convocatoria de axudas da Fundación Biodiversidade

A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a proposta de participación do Concello e a Universidade da Coruña (UDC), de forma conxunta, na nova convocatoria de subvencións emitida pola Fundación Biodiversidad co obxectivo de fomentar actuacións dirixidas á renaturalización e mellora da habitabilidade e calidade de vida das cidades, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia 2022.

O Concello e a UDC concorren á convocatoria coa estratexia 'Parque Cidade' plantexando tres intervencións singulares na contorna de Martinete, O Birloque, Someso e campus de Elviña, que xurden da atención prestada polo Goberno de Inés Rey a iniciativas de carácter cidadán orientadas á recuperación de espazos naturais. 

A proposta do Goberno municipal e da Universidade contempla, precisamente, a recuperación de espazos naturais e patrimoniais no Martinete. Esta intervención abrangue a creación de áreas verdes baixo a integración ecolóxica da paisaxe, aumentando a calidade medioambiental da zona e a súa biodiversidade.

Isto implica a rehabilitación da contorna do lavadoiro no lugar de Lamelas, unha superficie de case 6.000 metros cadrados. Ademais, substituiríase o actual pavimento das zonas peonís e do trazado do carril bici no Martinete grazas á instalación dunha solución combinada de solos permeables cunha franxa lonxitudinal de espazos verdes, que separe ámbalas dúas plataformas.

Por outra banda, a estratexia conxunta plantexada polo Concello e a UDC inclúe a recuperación dun tramo do río Mesoiro, afluente do Monelos, na contorna do Martinete, promovendo unha mellora ecolóxica da contorna que o rodea para ofrecer un espazo natural de gozo e lecer para a veciñanza do Martinete. Ademais, proxéctase a recuperación da vexetación da ribeira e a supresión de especies invasoras.

A maiores, na contorna do campus universitario de Elviña, o Concello e a Universidade estiman a eliminación de especies arbóreas invasoras nunha superficie de 4.000 metros cadrados, a reforestación dunha área de céspede correspondente a unha superficie de 30.000 metros cadrados e diversos coidados para a mellora da biodiversidade, mediante o control biolóxico de pragas e a supresión de especies exóticas.

Mediados de 2025, o prazo tope que se contempla para a execución do proxecto

O orzamento total do proxecto presentado á convocatoria é de 3.931.811 euros. O importe máximo da axuda solicitada pode alcanzar o 95 % do total do investimento previsto, polo que a aportación municipal ao longo do proxecto, no caso de obter a bonificación total, sería de 162.791 euros, a abonar entre os exercicios 2023, 2024 e 2025.

Segundo o cronograma presentado á convocatoria, o Concello contempla que as tres liñas de actuación pasen a ser unha realidade en xuño do ano 2025.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión