31 de agosto de 2025
As intervencións céntranse nas rúas Fariña Ferreño e Alexander Von Humboldt, onde se renovarán as tubaxes. Os novos colectores serán máis amplos, resistentes e seguros
Nas vindeiras semanas, o Concello dará un paso máis no seu plan de continuidade para renovar a rede de saneamento municipal. Será nos barrios do Castrillón e Elviña, onde se actuará ao longo das rúas Fariña Ferreño e Alexander Von Humboldt, respectivamente.
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, contextualizou estas dúas actuacións, que forman parte da programación anual que o Goberno de Inés Rey está a desenvolver en todos os distritos da cidade co obxectivo de modernizar o sistema de recollida e separación de augas.
"Vimos actuando en puntos como a Agra do Orzán, Monte Alto e Os Mallos para substituír as antigas tubaxes de gres e instalar colectores novos, de PVC, amplos e moito máis resistentes e seguros", explicou. Isto dá máis garantías de prevención fronte a hipotéticos episodios de fugas na rede.
Este plantexamento é o que seguirá precisamente en Fariña Ferreño e Alexander Von Humboldt, por ser dúas rúas onde as infraestruturas de saneamento son de materiais máis antigos -ben de gres ou formigón- e, polo tanto, precisan dunha actualización.
As intervencións arrincaron a inicios desta semana en Alexander Von Humboldt, con traballos que continuarán ao longo de dous meses. No caso de Fariña Ferreño, actuarase no treito comprendido entre a avenida da Concordia e José María Hernansáez, coa previsión de que as obras se executen tamén en dous meses, aproximadamente.
O investimento conxunto nestas melloras no Castrillón e Elviña será de 100.000 euros.

10 de diciembre de 2025

6 de diciembre de 2025

3 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible