9 de abril de 2025
Os veciños e veciñas poderán achegar suxerencias sobre horarios e actividades a desenvolver no centro
O equipamento tivo un investimento de preto dun millón de euros, financiado con fondos europeos, para incorporar novos espazos e servizos para o barrio
A alcaldesa, Inés Rey, inaugurou esta mañá o novo Centro Cívico do Birloque, que vén de ser reformado integralmente para ofrecer un espazo moderno, funcional e accesible ao servizo do barrio. A intervención supuxo un investimento de case 1 millón de euros, financiado a través de fondos europeos.
Durante o acto, a rexedora destacou que o centro é "un símbolo do compromiso local co barrio e coa igualdade de acceso aos servizos públicos en toda a cidade". Engadiu que "non hai barrios de segunda; todos e todas temos dereito a espazos dignos para vivir, aprender, medrar e compartir".
O edificio incorpora salas polivalentes con acceso independente desde o exterior, espazos para actividades, unha sala de informática, despachos para entidades e servizos sociais, ademais de zonas comúns melloradas para o uso diario da veciñanza.
Rey subliñou tamén a importancia da participación veciñal na posta en marcha do equipamento. Nese sentido, a implantación da programación farase de maneira progresiva. Este luns iniciarase un proceso de participación veciñal, dinamizado por unha profesional, para que as propias persoas usuarias e veciños e veciñas poidan achegar suxerencias sobre horarios e actividades a desenvolver no centro. Unha vez finalizado, o equipamento quedará integrado na programación da rede municipal de centros cívicos.

11 de marzo de 2026

10 de marzo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible