Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de marzo de 2023

No que vai de mes, BiciCoruña rexistrou 18.395 usos, batendo o récord histórico de usos para o mes de marzo desde a posta en marcha do servizo, en 2009

O Concello instala dúas novas bases do servizo municipal BiciCoruña, situadas na rúa Picavia e diante do Centro Sociocultural Ágora

En paralelo, Mobilidade executa este venres unha ampliación de ancoradoiros nas bases situadas na praza de Pontevedra, Obelisco e Porta Real, tres das 35 estacións xa operativas na cidade

O Concello da Coruña, a través da área municipal de Mobilidade, instalou este venres dúas novas bases do servizo BiciCoruña, localizadas no acceso da praza de Ourense á rúa Picavia e diante do Centro Sociocultural Ágora, que se sumarán proximamente ás 35 estacións xa operativas na cidade.

As novas estacións contan con 15 ancoradoiros no caso de Picavia e 23 no da estación do Ágora, con cadansúas bases de carga para os vehículos. Así, e tras instalar hoxe as bases na rúa, o Concello as activará proximamente para a súa incorporación á rede. Nos vindeiros días completaranse os traballos de electrificación e instalación de software co obxectivo de que as bases de Picavia e Ágora estean dispoñibles para o seu uso en tres semanas.

Desde entón, e ao igual que nas outras 35 estacións xa en funcionamento, estarán abertas para o uso da cidadanía, no seu horario habitual (das 07.00 da mañá á 01.00 da madrugada), facilitando os desprazamentos laborais a primeira hora e tamén o regreso das persoas usuarias aos seus domicilios en horario nocturno.

Máis ancoradoiros nas bases da praza de Pontevedra, Obelisco e Porta Real

Ademais, e co obxectivo de reforzar o servizo, o Concello rematará este venres os traballos de ampliación das bases xa operativas na praza de Pontevedra, Obelisco e Porta Real, unha ampliación que se leva a cabo polo elevado número de usuarios e usuarias que empregan ditos puntos como destino para os seus desprazamentos laborais.

Tras a intervención de ampliación, a base operativa na praza de Pontevedra sumará catro ancoradoiros -de 25 a 29-, mesmo aumento que na estación de Porta Real -de 19 a 23-. Mentres, a situada no Obelisco gaña un total de oito ancoradoiros -de 15 a 23-.

Récord de usos no histórico de marzo do servizo municipal de BiciCoruña

No que vai de mes, o servizo municipal de BiciCoruña rexistrou un total de 18.395 usos. Isto supón que, en algo máis dunha semana, xa se bateu o récord histórico de usos para o mes de marzo desde a posta en marcha de BiciCoruña, no ano 2009. Anteriormente, a cifra máis elevada de usos de BiciCoruña para o mes de marzo era de 18.311, no ano 2019.

No que vai de ano, desde o 1 de xaneiro e ata a actualidade, rexistráronse no servizo municipal de BiciCoruña un total de 132.948 usos -52.190 en xaneiro, 62.363 en febreiro e 18.395 no que vai de marzo-. En termos comparativos, isto implica un 40 % dos usos computados no servizo o ano pasado, cando se rexistraron 329.492.

Actualmente hai máis de 7.200 persoas usuarias activas do servizo municipal de BiciCoruña. É máis do dobre das que se contabilizaban o 12 de xuño de 2022, cando había 3.058 persoas usuarias rexistradas. "O obxectivo do Goberno municipal é chegar ás 10.000 persoas usuarias neste 2023", recalcou a alcaldesa, Inés Rey.

A renovación do servizo, impulsada polo Goberno de Inés Rey e executada neste mandato -a primeira desde a posta en marcha de BiciCoruña, hai máis de unha década- supón a incorporación progresiva de 514 novas bicicletas, das que 172 son eléctricas e 342, mecánicas. Ademais, licitouse xa a ampliación do parque de bicicletas eléctricas, que aumentará con 92 unidades máis.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión