22 de septiembre de 2026
As axudas están destinadas a sufragar gastos derivados directa ou indirectamente da prestación deste servizo inclusivo
O Concello pon en marcha un paquete de subvencións especiais para apoiar a actividade dos taxis adaptados a persoas con problemas de mobilidade reducida, axudando así a compensar os gastos derivados da conservación e o mantemento do vehículo. En total, destinaranse 30.000 euros para as compensacións. Ademais, esta subvención será compatible con outras que se soliciten ou xa se perciban. Esta medida forma parte das accións impulsadas polo Goberno de Inés Rey para apoiar a actividade do sector do taxi na cidade. Estas iniciativas inclúen tanto axudas aos taxistas como medidas de apoio ao consumo, como os Bono Taxi, tamén destinados a persoas usuarias con mobilidade reducida.
"Desde o Concello queremos facer todo o que está na nosa man para conseguir que o taxi sexa un servizo o máis completo e inclusivo posible. Os taxis adaptados fan fronte a gastos adicionais e cumpren cun labor fundamental para que todas as persoas usuarias poidan facer uso deste transporte, e por iso cremos necesario poñer as cousas un pouco máis doadas ofrecendo recursos", subliñou a concelleira de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Montserrat Paz.
O importe global sinalado nas bases dividirase en partes iguais entre todas as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria ata esgotar o crédito existente. Os interesados e interesadas deberán cubrir a solicitude nun prazo de 15 días hábiles. As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gal/sede/gl) ou ben de forma presencial no rexistro xeral do Concello.
Considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada, que se realicen no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2026 e a data de publicación da convocatoria. Entre estes gastos subvencionables inclúense:
Gastos de combustible
Gastos de mantemento do vehículo
Gastos de reparación do vehículo
Gastos de seguros do vehículo
Outros gastos correntes coincidentes coa natureza desta convocatoria
O pago da subvención concedida realizarase despois de xustificar o gasto realizado, mediante o ingreso do importe total concedido na conta bancaria reflectida na solicitude.

22 de septiembre de 2026

21 de septiembre de 2026

19 de septiembre de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible