Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

18 de febrero de 2026

O Concello pon en marcha unha nova edición do programa “Visita o teu mercado”

O alumnado dos colexios da cidade poderá facer rutas e actividades nas prazas de abastos municipais para coñecer desde dentro o funcionamento e degustar os produtos locais

O Concello ofrecerá, ao longo dos dous próximos cursos escolares, novas sesións para escolares do programa "Visita o teu mercado", que lle achega os produtos locais e o funcionamento das prazas de abastos ao alumnado do último curso de infantil (5 anos) e do primeiro e segundo ciclo de primaria (1.º, 2.º, 3.º e 4.º). 

O proxecto, que está actualmente en fase de licitación, consistirá na realización dun máximo de 70 visitas gratuitas durante os períodos escolares de 2026 e 2027, aínda que a cifra final dependerá das solicitudes de participación enviadas polos centros educativos. 

As sesións levaranse a cabo nos mercados de Santo Agostiño, Eusebio da Guarda, Elviña, Monte Alto e Durmideiras, e incluirán actividades como:

  • Percorrido polos diferentes pavillóns, onde se realizarán actividades lúdicas e prácticas adaptadas á idade do alumnado

  • Participación en obradoiros didácticos

  • Degustación dun aperitivo con produtos do mercado e un batido de froitas natural

  • Entrega de premios e sorteos

O obxectivo deste tipo de iniciativas é, ademais de darlle a coñecer o funcionamento dos mercados municipais á mocidade, divulgar un estilo de alimentación equilibrado e saudable, con produtos autóctonos de primeira calidade e receitas sinxelas e atractivas para todas as idades. A medida enmárcase dentro das accións postas en marcha polo Goberno de Inés Rey tanto para o fomento do pequeno comercio como para a promoción de estilos de vida saudables.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión