Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de mayo de 2026

O Concello pon en marcha unha nova fase de tratamentos fitosanitarios contra o picudo nas palmeiras de Méndez Núñez

Paralelamente, tamén se levarán a cabo outras intervencións de mantemento vexetal en varios puntos da cidade, incluíndo o coidado de diferentes especies sensibles a pragas ou enfermidades

O Concello pon en marcha este mes o programa de tratamento fitosanitario contra o picudo vermello, unha especie invasora orixinaria da Asia tropical que afecta a palmerais en toda Europa e que require que as palmeiras reciban un coidado preventivo específico para poder garantir a súa saúde.

Entre os exemplares incluídos nas actuacións, que se levarán a cabo os vindeiros días 12, 13 e 14 de maio, están as 70 palmeiras de Méndez Núñez, que recibirán duchas de Deltametrín e unha endoterapia de Acetamiprid. Estes tratamentos repetiranse nos meses de xullo, setembro e novembro, para asegurar a efectividade e o bo estado das árbores. 

"As palmeiras de Méndez Núñez son un símbolo desta cidade e é responsabilidade do Concello pór todos os medios para preservalas e coidalas. A presenza de especies invasoras é un problema moi serio para a nosa vexetación e esixe estar moi alerta e planificar con antelación as accións de prevención e tratamento", subliñou a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz. 

Ademais, tamén hai previstas intervencións de tratamento noutras zonas con presenza de palmeiras como o canellón da Estacada, o xardín do cemiterio de Santo Amaro, Durmideiras ou a zona portuaria

Paralelamente, o Concello levará a cabo outras accións de sanidade vexetal en diferentes puntos da cidade, nas que se incluirán os olmos de zonas como o Xardín de San Carlos, Concepción Arenal, a rúa de Ramón y Cajal, o Campo de Marte ou a praza de Santa Bárbara, as diversas especies (pereiras, tulipeiros, tilos, cerdeiras, moreiras...) da Gaiteira, Catro Camiños, Méndez Núñez ou a praza de Vigo, e os piñeiros da praza da Cubela, o parque de Oza ou o parque de Eirís.

Os tratamentos empregados serán variados. Por exemplo, para protexer as pereiras, tulipeiros, tilos, cerdeiras e moreiras da presenza de pulgóns e moscas brancas, realizarase o que se denomina "loita biolóxica", que consiste en soltar outras especies depredadoras, como as crisopas ou as xoaniñas, que estabilicen o ecosistema. As accións periódicas manteranse mes a mes, segundo as necesidades de cada lugar, ata finais de ano.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión