Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de marzo de 2026

O Concello reforza a colaboración coa comunidade educativa nun encontro coa Federación de ANPAs

A alcaldesa, Inés Rey, reuniuse coa directiva da asociación de nais e pais para analizar a situación dos centros e avanzar en liñas de traballo conxuntas

A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, mantiveron esta mañá unha reunión de traballo coa directiva da Federación de ANPAs dos colexios públicos da cidade no Palacio Municipal de María Pita, un encontro no que se abordou a situación actual dos centros educativos e as principais demandas da comunidade escolar.

Durante a xuntanza, a alcaldesa trasladou ás representantes das familias o compromiso do Goberno municipal co mantemento dos centros educativos de titularidade municipal, así como a disposición do Concello a seguir colaborando coa comunidade educativa para dar resposta ás necesidades detectadas.

A rexedora salientou que o Goberno municipal "seguirá a traballar da man da comunidade educativa para garantir unhas infraestruturas axeitadas e un ensino público de calidade na cidade".

Pola súa banda, Borrego destacou que "o Concello está presente no día a día dos colexios, atendendo as incidencias e colaborando das súas instalacións dentro do ámbito das súas competencias", e advertiu de que moitas das problemáticas existentes "responden a cuestións estructurais que requiren dunha intervencióon decidida por parte da administración competente".

Neste sentido, o informe elaborado pola concellería de Educación destaca a preocupación pola inacción da Xunta de Galicia en canto ao cumprimento dos seus plans de investimento na cidade para o ano 2025. En concreto, no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica 2021-2025 da Xunta están recollidas obras importantes que son as causantes de moitos dos problemas actuais nos colexios. 

Na reunión manifestouse o apoio ás ANPAs en canto as súas preocupacións en materia de investimentos e de falta de medios persoais nos centros educativos. Unha vez máis, o goberno municipal manifesta a necesidade dun plan de rehabilitación integral dos colexios da cidade, redactado en colaboración co Concello da Coruña.

Pola súa banda, as representantes da Federación de ANPAs trasladaron ao Concello diversas propostas e inquedanzas relativas ao estado das infraestruturas educativas, así como á planificación de investimentos a medio e longo prazo.

O Concello reafirma así o seu compromiso coa educación pública e coa atención ás demandas da comunidade educativa, insistindo na necesidade de avanzar nun plan de rehabilitación integral dos centros da cidade en coordinación coa Xunta de Galicia, unha liña de traballo na que continúa a incidir o Goberno de Inés Rey.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión