2 de julio de 2026
O voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, informou hoxe de que o executivo local manterá un encontro co sector para avanzar na configuración da Área de Prestación Conxunta
O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, e voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, informou hoxe no pleno de que o Concello se reunirá este mes coas dúas asociacións de taxistas da cidade (Tele Taxi e Radio Taxi) para consensuar con elas a proposta municipal para a seguinte mesa que se convoque de cara ao desenvolvemento da Área de Prestación Conxunta que promoven Concello e Xunta.
"Apostar pola área de prestación conxunta é unha proposta que fixemos hai dous meses e que, por certo, contou co apoio do colectivo de taxis da cidade. Imos seguir dialogando co sector, porque a nosa prioridade son os cidadáns e mellorar os servizos", dixo Lage.
A reunión prevista coas dúas asociacións terá lugar o vindeiro 16 de xullo en María Pita, e dá continuidade ao diálogo que o Concello leva a cabo co sector para mellorar os servizos.

20 de julio de 2026

18 de julio de 2026

13 de julio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible