Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de marzo de 2021

O Goberno local aproba a convocatoria de bolsas para deportistas individuais 2021

Na sesión de hoxe tamén se acordou suspenderlle temporalmente a licenza de construción a Breogán Park até que a Xunta modifique o Plan de emerxencia exterior do polígono de Agrela Bens e exclúa a parcela da zona de intervención e alerta

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases reguladoras da convocatoria pública de concorrencia competitiva das bolsas para as e os deportistas da cidade 2021. O importe global das bolsas ascende a 90.000 euros, 30.000 euros máis que na anterior convocatoria en que se concederon 65 bolsas. O Goberno local considera necesario aprobar por segundo ano consecutivo unha liña de axudas a deportistas individuais da cidade que teñan o carácter de bolsas: "Somos conscientes das dificultades que teñen moitos e moitas deportistas individuais para poder levar a cabo os seus adestramentos e competicións, polo elevado custo que supoñen os desprazamentos, licenzas federativas, e equipamentos", explicou a concelleira de Deportes, Mónica Martínez.

A concelleira resaltou que con estas bolsas "preténdese facilitarlles a súa participación en competicións deportivas de alto nivel" e valorou o traballo realizado polo Servizo Municipal de Deportes para que a convocatoria estea aprobada antes do final do primeiro trimestre: "Faltan 4 meses para os Xogos Olímpicos, 5 para os Xogos Paralímpicos, e xa se empezan a programar multitude de campionatos de España e de Galicia. As e os nosos deportistas entrarán dentro dunhas semanas no tramo de máxima esixencia e desde o Goberno local que encabeza Inés Rey queremos axudalas/os e apoialas/os na medida das nosas posibilidades".

As persoas beneficiarias deberán ser deportistas federadas, de calquera categoría, de deporte individual e que estean empadroadas no concello da Coruña cunha antigüidade de polo menos dous anos.

As bolsas clasifícanse nas seguintes categorías:

1. Bolsas para deportistas individuais con opcións de participar nos próximos Xogos Olímpicos: 3 bolsas por un importe de 5.000 euros cada unha.

2. Bolsas para deportistas individuais con opcións de participar nos próximos Xogos Paralímpicos: 3 bolsas por un importe de 5.000 euros cada unha.

3. Bolsas para deportistas individuais con opcións de participar en campionatos mundiais, europeos, nacionais e autonómicos: 5 bolsas de 3.500 euros cada unha para participar nos campionatos do mundo, 6 bolsas de 2.500 euros cada unha para campionatos de Europa, 15 bolsas de 1.500 euros cada unha para campionatos de España e, por último, 10 bolsas destinadas a participar en campionatos autonómicos por un importe de 500 euros cada unha.

Na sesión de hoxe, tamén se autorizou a suspensión temporal da tramitación da licenza de Breogán Park para poder desenvolver a actividade comercial e iniciar as obras na parcela número 29 da rúa Newton por un prazo de seis meses ou até que a Xunta aprobe unha modificación, na actualidade en trámite, do Plan de emerxencia exterior do polígono de Agrela Bens, excluíndo esta parcela da zona de intervención e alerta do polígono.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión