Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de mayo de 2026

O III Encontro de Alcaldesas reivindicará na Coruña o papel da cultura como motor de dinamismo e economía nas cidades

A xornada reunirá este mércores a representantes municipais, profesionais da cultura e expertas para debater sobre feminismo, memoria e desenvolvemento urbano

A Coruña acollerá este mércores, 13 de maio, o III Encontro de Alcaldesas, unha cita que converterá a cidade nun espazo de reflexión e diálogo arredor do papel da cultura como axente clave de dinamización social, económica e urbana. O encontro reunirá alcaldesas de Galicia e doutras cidades do Estado, ademais de representantes do ámbito cultural, académico e xornalístico.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, destacou a importancia deste encontro como "un espazo necesario para tecer redes entre cidades, compartir experiencias e impulsar políticas públicas nas que a cultura, a igualdade e o liderado feminino sexan motores de transformación social e económica". Rey subliñou ademais que "as cidades avanzan máis e mellor cando colaboran e cando as mulleres ocupan espazos de decisión e de referencia". 

Trátase dunha cita impulsada pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, durante o anterior mandato municipal e que se celebra cunha periodicidade bienal co obxectivo de fortalecer as redes de colaboración entre mulleres responsables de gobernos locais e abrir espazos de reflexión compartida sobre os retos das cidades. Baixo o lema "Cultura feminista, feminismo na cultura. As alcaldesas falan", o encontro volverá situar A Coruña como referente no impulso de políticas públicas vencelladas á igualdade, á cultura e ao liderado feminino.

A programación arrincará pola mañá no Palacio Municipal de María Pita cunha recepción institucional da alcaldesa, Inés Rey, ás alcaldesas participantes e coa lectura da III Declaración de María Pita, documento que será asinado polas rexedoras presentes. 

Sesións de debate: Cultura, memoria e feminismo como eixos do encontro

Xa pola tarde, o encontro trasladarase ao Club Cámara Noroeste, no Parrote, onde se celebrarán diferentes mesas de debate e conversatorios arredor da relación entre cultura, feminismo, memoria e economía. A inauguración oficial terá lugar ás 16.30 horas, tras a chegada das participantes e a apertura conducida pola xornalista Gladys Vázquez, de La Voz de Galicia

Ás 17.00 horas celebrarase a mesa "Mulleres protagonistas na construción da cultura e da memoria", moderada pola xornalista da Cadena SER Ainhoa Apestegui. Participarán a poeta e editora Dores Tembrás; a escritora e filósofa Marifé Santiago; e as alcaldesas Susana Herrán Martín, alcaldesa de Castro Urdiales; Mireia González, alcaldesa de Santa Coloma de Gramenet; e Mariví Monteserín, alcaldesa de Avilés.

Xa ás 18.30 horas desenvolverase o conversatorio "Feminismo, cultura e economía", conducido por Mercedes Wullich, fundadora de MujeresyCia e da lista Top 100 Mujeres Líderes en España. Intervirán as alcaldesas Marián Ferreiro, alcaldesa de Narón, e María José Blanco, alcaldesa de Portugalete; a vicepresidenta de Cultura e Igualdade da Deputación de Cáceres, María Esther Gutiérrez; e a produtora e directora de cine Chelo Loureiro, gañadora de catro premios Goya.

A xornada concluirá ás 19.30 horas cun diálogo final entre alcaldesas e coa lectura das conclusións do encontro, nunha conversa entre Miriam Andrés, alcaldesa de Palencia, e Inés Rey, alcaldesa da Coruña.

Documentos:

Descarga AQUÍ a programación do III Encontro de Alcaldesas na Coruña (162 KB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión