14 de enero de 2026
A só mes e medio da carreira, que terá lugar o 1 de marzo, acelérase o ritmo de inscricións: son xa 2.400 persoas, entre a C21 e a proba complementaria da 5K
A C21, medio maratón da Coruña, segue dando pasos firmes para afianzar a súa posición no mapa internacional de carreiras deportivas. Desde onte, a proba figura no Global Calendar de World Athletics, órgano de goberno do atletismo a escala mundial, o que permite recoñecer as marcas acadadas na C21 para incluílas no seu ránking mundial.
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, apuntou á importancia de que a carreira obtivese a etiqueta Label WA, "que contribúe á posta en valor do medio maratón e, ademais, axuda a que atletas nacionais e internacionais de primeiro nivel participen na C21", xa que o recoñecemento das marcas e o feito de que as puntuacións sexan válidas para o ránking WA son alicientes fundamentais para as e os corredores de alta competición.
Neste sentido, o ano pasado só se contabilizaron dez probas do medio maratón en España que foron puntuables para o ránking WA: Santa Pola, Sevilla, Barcelona, Málaga, Madrid (2), Pollensa, Bilbao, Albacete e Valencia.
O impulso á C21 enmárcase na aposta que está a facer o Goberno de Inés Rey polas carreiras populares e pola promoción da práctica deportiva para todas as idades, visible tamén en programas municipais como o circuíto Coruña Corre.
Só falta mes e medio para a nova edición da C21
O medio maratón da Coruña, que neste 2026 chegará á súa XVIII edición, volverá ás rúas da cidade o vindeiro día 1 de marzo.
A só mes e medio da disputa da proba, increméntase o ritmo de inscricións, con máis de 1.700 na proba dos 21 quilómetros e outras 700 na carreira da 5K, complementaria ao medio maratón e que tamén terá lugar o mesmo día. Desta forma, xa son algo máis de 2.400 persoas as que formalizaron a súa asistencia á xornada deportiva que abrirá o mes de marzo na cidade herculina.
Cómpre lembrar que a inscrición a custo bonificado manterase ata o día 8 de febreiro. O peche de inscricións será o 22 de febreiro. Toda a información está dispoñible na páxina web de Carreiras Galegas.

12 de enero de 2026

26 de diciembre de 2025

27 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible