Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de mayo de 2026

O mercado de cooperativas infantís do proxecto Semente, impulsado polo Concello, chegará a Méndez Núñez este venres

Na presente edición participan 422 nenos e nenas de 8 colexios da cidade, que venderán a partir das 16.30 horas os produtos das súas 19 empresas

Este venres, 22 de maio, os Xardíns de Méndez Núñez acollerán, a partir das 16.30 horas, e ata as 20.30 h, o mercado das cooperativas infantís do proxecto Semente, que contou na edición deste ano coa participación de 422 nenos e nenas pertencentes aos centros CEIP Anxo da Garda, CEIP Manuel Murguía, CPR Hijas de Jesús, CPR Sagrado Corazón, CEIP Eusebio da Guarda, CPR Montegrande, CEIP Rosalía de Castro e o CEIP Zalaeta.

"Desde que este estupendo programa educativo se puxo marcha, máis de 5.000 nenos e nenas formaron as súas cooperativas e aprenderon cousas que lles serán moi útiles no futuro. Aprenderon do esforzo, da dedicación e, o máis importante, aprenderon da colaboración e da toma de decisións en conxunto", apuntou a alcaldesa, Inés Rey, que estará o venres inaugurando o mercado xunto ao concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego. 

Este iniciativa, que celebrou a súa primeira edición hai xa 19 anos, consiste na creación de cooperativas integradas polo alumnado de entre 3º e 6º de primaria de diferentes centros educativos da cidade. Así, os rapaces e rapazas desenvólvense no campo do emprendemento e aprenden acerca do proceso de constitución e xestión das empresas e do modelo das cooperativas, con traballo en equipo e toma de decisións participativa e horizontal. Para levar adiante os seus proxectos, o alumnado recibiu formación básica para a xestión da empresa, aprendendo acerca de conceptos esenciais para o negocio como as formas de constitución das sociedades, o investimento, os prezos e a publicidade. 

Xa o pasado mes de abril, Inés Rey presidiu no Salón de Plenos de María Pita un acto co alumnado participante no que oficialmente se lles entregaron ás 19 cooperativas as licenzas para poder comerciar cos seus produtos de elaboración propia no mercado deste venres. 

"A cooperativa é a vía empresarial de facer as cousas en conxunto. E o proxecto Semente trátase, en definitiva, de abrir a porta a esta forma de facer as cousas en común, pero dun xeito divertido, divulgativo e educativo. E por iso a aposta do Concello por esta iniciativa tan bonita vai seguir sendo decidida", engadiu Inés Rey.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión