20 de julio de 2024
Unha fin de semana máis, o Concello promove unha ampla programación de propostas culturais e lúdicas para todas as idades, ao aire libre. Terán lugar das 10.00 ás 15.00 horas
Este domingo, das 10.00 ás 15.00 horas, o Campo da Leña acolle unha vez máis o mercado ecolóxico municipal, unha iniciativa coa que o Concello busca dinamizar os espazos públicos ao aire libre nos barrios da cidade, cun amplo abano de actividades de ocio que aparellan, ademais, a venda de produtos de proximidade.
Mañá, a programación da xornada inclúe un espazo de dinamización infantil ideado para que o gocen as crianzas, que estará aberto ata a conclusión do mercado, ás 15.00 horas. Entre medias, das 11.30 ás 12.30 horas, as e os pequenos poderán participar nun obradoiro creativo no que a rapazada aprenderá a fabricar as súas propias combas de salto mediante materiais reciclados. Haberá 15 prazas como máximo no taller, con inscrición previa no propio mercado, xa desde primeira hora. O acceso é de balde.
Ademais, este domingo tamén haberá tempo para coñecer polo miúdo a obra da escritora coruñesa Pilar Alvarellos, que protagonizará un curso de literatura de proximidade aberto a todos os públicos, das 12.00 ás 12.45 horas.
Os barrios, protagonistas no calendario dos mercados ata finais de ano
A programación dos mercados ecolóxicos e sostibles continuará nas vindeiras semanas en máis barrios da Coruña. Ademais de volver ao Campo da Leña, á praza da Tolerancia, en Labañou, e ao parque Europa, o calendario de eventos previstos ata finais de ano inclúe o desenvolvemento dos mercados no paseo das Pontes, a praza de Azcárraga, a praza de Vigo, o parque da Tirolesa de Novo Mesoiro e a praza de San Cristovo, nos Mallos.
Desta forma, o Goberno de Inés Rey amplía o radio de acción desta iniciativa a máis distritos da cidade, baseándose na boa experiencia acadada polos mercados ecolóxicos municipais nas súas localizacións habituais e atendendo tamén ás propias solicitudes da veciñanza dos diversos barrios da Coruña.

17 de diciembre de 2025

13 de diciembre de 2025

10 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible