Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de mayo de 2021

O xuiz Vázquez Taín será o próximo participante no Foro Pensando en Educación

Debido a problemas de axenda, a conferencia de Maior Zaragoza programada para este mes de maio aprazarase a outono. "A educación emocional" do xuíz José Antonio Vázquez Taín celebrarase nas mesmas datas, o martes 18 de maio ás 19:30 no Paraninfo da UDC

Vázquez Taín é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Reside na Coruña desde 2007, cidade onde exerce de maxistrado. Con anterioridade traballou como xuíz en Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa. O seu labor á fronte de operacións xudiciais contra o narcotráfico é notorio. Destaca publicamente polo seu interese na difusión e achegamento do mundo da xustiza á cidadanía a través da colaboración con numerosos medios de comunicación.

De forma paralela, o ourensán desenvolveu unha carreira como autor con tres novelas (Más allá y más arriba, Al infierno se llega deprisa e El mar sin fondo), tres ensaios (Matar no es fácil, Grandes juicios de la historia e Pulso al Estado) e unha historia novelada sobre o Camiño de Santiago (Santiago. La leyenda del santo oculto).

Xa son accesibles as entradas abertas ao público en: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/conferencias/paraninfo-da-universidade/12097-i-foro-educacion-a-coruna-pensando-en-educacion-jose-antonio-vazquez-tain.html

​ 

Quen queira asistir por "streaming" poderano facer a través de "Coruña Educa", a canle de Youtube da concellería:  https://www.youtube.com/watch?v=rTZ2amA4QnY

Documentos relacionados

  • Dossier I FORO EDUCACIÓN A CORUÑA (5 MB)

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión