27 de agosto de 2025
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, apuntou que o Concello prevé sumar máis bases nas vindeiras semanas, seguindo co plan de continuidade co que se busca reforzar o servizo
Esta mañá, o Concello puxo en funcionamento tres novas bases do servizo municipal BiciCoruña, que suma estacións no Martinete e Novo Mesoiro e, desta forma, incrementa a 55 o número total de bases operativas na urbe coruñesa.
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, indicou que a activación destas bases forma parte do plan de expansión que está a impulsar o Goberno de Inés Rey nos diversos distritos da Coruña, co obxectivo de reforzar a presencia do servizo en todos os barrios, dando continuidade á aposta pola mobilidade sostible no conxunto da cidade.
No caso da nova base do Martinete, está situada na rúa Manuel Ferrol, a carón da Urbanización Birloque. A esta súmanse outras dúas, con subministro eléctrico, no barrio de Novo Mesoiro -onde xa se habilitou unha no ano 2023-, que xa están habilitadas na avenida de Novo Mesoiro e en Fragas do Eume.
"A base do Martinete contará con subministro de enerxía solar, ao igual que dúas das bases que se activaron a semana pasada no parque de Vioño e a rolda de Monte Alto", agregou. A estas sumouse tamén a de Lonzas, posta en marcha días atrás.
O Concello prevé activar máis estacións nas vindeiras semanas
Tal e como informou a concelleira días atrás, a folla de ruta para ampliar o número de bases de BiciCoruña continuará nas vindeiras semanas.
A previsión é que proximamente se poñan en marcha novas estacións na contorna do parque de Bens e tamén preto de Monelos, na rúa Rafael Dieste.

27 de febrero de 2026

26 de febrero de 2026

12 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible