5 de septiembre de 2025
O Goberno municipal levará a pleno a modificación da ordenanza que regula as tarifas, que permitirán o emprego de locais con todos os servizos por un prezo situado entre os 80 e os 170 euros mensuais unha vez transcorridos os primeiros seis meses
A vindeira semana, o Goberno municipal levará a pleno a modificación da ordenanza que regula os prezos dos centros municipais de empresas, co obxectivo de fixar as tarifas tralos cambios introducidos nas normas dos centros de Agrela e o Papagaio nos últimos meses.
Ditos cambios permitiron a creación de novas modalidades de estadía, como preincubación e consolidación, flexibilizando deste xeito o acceso de emprendedores aos espazos municipais. Máis de media ducia de proxectos sumáronse desde entón aos centros municipais.
A modalidade de preincubación supón, en termos prácticos, que as e os emprendedores en fase de preincubación nos centros municipais de Agrela e o Papagaio terán unha estadía sen custo nos seus primeiros. É dicir, totalmente gratuíta. Xa o resto do ano, en función do local, as tarifas oscilan entre os 81 e os 169 euros.
A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, detallou máis polo miúdo a proposta que se levará a votación, que busca abrir camiño ás emprendedoras e emprendedores nos primeiros pasos para o desenvolvemento das súas empresas. "O que buscamos é diferenciar as modalidades nestas primeiras fases de constitución, distinguindo entre preincubación, incubación e consolidación. Isto axuda a acoutar máis e mellor en que punto se atopa cada proxecto e tamén dá un termómetro real de cales poden precisar asesoramento específico en función da súa fase", explicou Cabanas.
Tras a aprobación inicial da modificación da ordenanza, abrirase un prazo de trinta días hábiles para consultar o texto. Como xa é habitual nestes casos, anunciaríase no Boletín Oficial da Provincia (BOP), posibilitando entón a realización de achegas ao respecto.

29 de noviembre de 2025

23 de noviembre de 2025

23 de octubre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible