22 de mayo de 2025
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, destacou especialmente a participación do público familiar nesta tempada do circuíto Coruña Corre, “con pais, nais e crianzas que desfrutan xuntos de cada carreira”
Só queda semana e media para que A Coruña saia novamente correr pola cidade. Será nos Rosales, onde o vindeiro domingo 1 de xuño se celebrará a décimo segunda edición da súa carreira popular, cun trazado de case seis quilómetros e parcialmente renovado, que este ano sumará máis metros de percorrido polas rúas do barrio.
Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes, animou a cidadanía a sumarse ás persoas que xa confirmaron a súa participación na proba. O prazo de inscricións rematará este domingo 25 de maio, ás 23.59 horas, "e a nosa meta é darlles un pulo nesta recta final, sabendo que a tempada de Coruña Corre chega agora ao seu ecuador e que volverá despois do verán".
Neste sentido, Os Rosales é a cuarta carreira deste ano, tras as xa disputadas na Torre de Hércules, Matogrande-Xuxán e San Pedro de Visma. A clasificación xeral do circuíto deixa, polo momento, a Álvaro Presedo e Inés López á fronte da táboa na categoría absoluta masculina e feminina, respectivamente.
A este respecto, Manuel Vázquez lembrou que, máis alá da loita polo podio e os triunfos, "Coruña Corre é moi especial porque conta tamén con carreiras e percorridos adaptados a categorías inferiores e fomenta a práctica do deporte desde idades temperás, desde a sub-18 ata as nenas e nenos máis pequenos. Iso é moi importante porque un dos obxectivos do Goberno de Inés Rey é dar continuidade no tempo ao circuíto e fomentar a implicación das xeracións máis novas e abrirlles paso para que collan o relevo nun futuro".
Ademais, Coruña Corre segue a ser un circuíto cun marcado carácter familiar, con pais, nais e crianzas que desfrutan da xornada deportiva e compiten nas carreiras. "En cada carreira vemos persoas da mesma familia cruzando a liña de meta. Temos aí o caso das irmás Papín Estévez, por exemplo, pero hai moitos máis; e iso é un motivo de orgullo", apuntou o concelleiro.
As persoas interesadas en se inscribiren na carreira popular dos Rosales poderán facelo a través desta ligazón.

30 de noviembre de 2025

21 de noviembre de 2025

17 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible