Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

30 de abril de 2020

Sétima semana de confinamento nas redes sociais municipais

Enumeramos algunhas das iniciativas promovidas nos últimos días baixo o cancelo #corunaencasa

Nos últimos días, as educadoras da EIM Agra do Orzán gravaron este vídeo para entreter aos cativos e cativas da escola infantil municipal durante a corentena. 

En forma de vídeo tamén fixéronse varias homenaxes en relación ao programa Xaqueao virus: unha dirixida ao CEIP Sal Lence e outra ao CEIP Concepción Arenal

En canto aos Itinerarios Virtuais, esta semana percorreuse a Praza do Forte, cun roteiro polas murallas do Parrote. No seu blog pódese atopar máis información.

E no marco do espazo A nosa arte en corentena, esta semana presentouse a Pablo Gallo, Manuel Quintana, Óscar Brandariz (Branda)

Noutra orde de cousas, anunciouse que a Concellería de Cultura colaborará coa Real Academia Galega de Belas Artes en accións conxuntas para impulsar o traballo das e dos creadores locais. E neste senso, difundiuse a actividade promovida polo Museo de Belas Artes da Coruña.

Nas demais canles municipais

As Bibliotecas Municipais recomendaron a lectura dun post sobre a enorme fenda dixital que evidenciou o confinamento.

O Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX) compartiu novos recursos de #EnRédateNaCasa, ampliando a guía con numerosas propostas para vos poder informar, coidar, divertir, aprender ou compartir. Tamén promociounou as actividades socioculturais en liña que promoven os centros cívicos da cidade.

Os Museos Científicos Coruñeses compartiron unha nova sesión de #PlanetarioEnCasa.

Pola súa parte, o Concello anunciou que decretará loito oficial o luns 4 de maio polas vítimas do coronavirus. 

Esta semana, ademais, continuou compartindo os vídeos da campaña #FacémoloPor.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión