
O Portal Web/App Mobilidade 360 é un conxunto de servizos de información e de interacción relacionados coa mobilidade. Estes servizos son accesibles desde o portal web ou a app, atopándose tamén integrados dentro da APP Coruña . Poderás acceder a información e servizos de autobuses, tráfico, Bicicoruña, a pé, taxis, planificación de rutas, estacionamento e un longo etc, incluído información en tempo real. Tamén poderás acceder a información dos teus vehículos ou sancións. Estes servizos permitirán que te poidas mover pola cidade con intelixencia.

A aplicación dispón de múltiples servizos que están dispoñibles sen necesidade de rexistrarse nin estar identificado/a na aplicación como poden ser axenda de eventos; novas; servizos preto de min; información de liñas e autobuses e tempos de chegada; información de tráfico e aparcamento; e un longo etc.
Para outros, non obstante, necesitararemos que previamente te rexistres no noso sistema de identificación cidadá, ou que inicies sesión se xa dispós dunha conta. Para algúns servizos necesitaremos tamén validar o teu DNI. Isto facémolo para que poidas acceder a unha información e servizos moito máis personalizados. Distinguirás estas opcións na aplicación cun cadeado. Para máis información sobre isto podes consultar tamén a sección de Identidade dixital
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible