Concello da Coruña

Concello da Coruña

Identidade dixital

Nesta páxina

Que é?

Do mesmo xeito que usas o teu DNI para identificáreste para realizar calquera trámite ou xestión presencialmente, a túa identidade dixital permitirache levar a cabo múltiples xestións co Concello da Coruña comodamente dende o teu móbil ou o teu ordenador, no momento que ti queiras e desde calquera lugar.

Mediante o sistema de identidade dixital do Concello da Coruña, poderás utilizar moitos servizos municipais mediante un proceso simple de rexistro a través dunha conta de correo electrónico e/ou utilizando a túa identificación en redes sociais (Google, Apple, Facebook ou Instagram).

Dependendo do nivel de acceso aos servizos municipais poderás utilizar todos os servizos existentes ou só algúns deles.

Nivel 4

Niveis de acceso aos servizos municipais

Dependendo do servizo municipal ao que queiras acceder, necesitaremos dispoñer de maior ou menor información sobre a túa identidade.

Defínense catro niveis de acceso aos servizos municipais. Cada servizo necesitará un nivel mínimo de confianza na identidade do cidadán ou da cidadá e estes só poderán acceder ao devandito servizo se están identificadon con ese nivel de acceso ou un superior.

Niveis existentes

Os niveis son os seguintes:

Nivel 1: Baixo

O medio de identificación foi un rexistro mediante correo electrónico ou entrada cunha rede social (Facebook, Google ou Apple). Neste nivel a persoa só asegura que ten acceso ao correo electrónico que proporcionou mantendo o anonimato. Permitiralle facer trámites e xestións nos que non sexa obrigatorio proporcionar datos da súa identidade, por exemplo, informar dunha incidencia ou fochanca na vía pública, solicitar un colector na súa rúa etc.

Nivel 2: Medio

A persoa asociou un número de teléfono móbil coa súa conta e verificou que ten acceso a esa liña telefónica. Cada número de teléfono estará vinculado a unha única conta de usuario. Este nivel non proporciona información sobre a identidade da persoa pero dá unha relativa confianza da súa existencia real. Este nivel permitiralle votar en procesos participativos.

Nivel 3: Alto

Para obter este nivel a persoa proporcionaría datos persoais que se comproban cos que obran en posesión do Concello. Un exemplo destes datos poden ser o seu DNI, número da tarxeta Millennium e código postal de empadroamento. Unha vez verificados, a persoa terá acceso a servizos municipais que presenten información persoal que non sexa de alta privacidade por exemplo: consultar os seus impostos, ver o estado dos seus trámites etc.

Nivel 4: Total

Neste nivel a identidade real da persoa está comprobada. Pode obterse este nivel acudindo a algunha dependencia municipal para realizar unha identificación presencial ou usando un medio confiable como o sistema Cl@ve ( Identificación con Cl@ve ), certificado dixital ou DNI electrónico. Unha vez que a túa conta de usuario dispoña do nivel 4 poderás realizar todos os servizos municipais dispoñibles como iniciar trámites, presentar documentación, asinar solicitudes etc. Todo isto poderás facelo comodamente dende calquera ordenador ou teléfono móbil aínda que non dispoñas de certificado dixital neles.

Que requisitos teño para aumentar o meu nivel de acceso?

  • Dispoñer de DNI.
  • Dispoñer de correo electrónico

Podo identificarme a través de Internet?

Se dispós de identificación por Cl@ve, Certificado dixital ou DNI Electrónico podes identificarte a través de Internet sen ter que desprazarte a ningún sitio e en só uns segundos. Obtén máis información na páxina Identificación con Cl@ve

Podo identificarme presencialmente?

Se non te podes identificar por Internet poderás facelo co teu móbil (Android ou iOS) e realizar a identificación presencialmente. Podes facelo en calquera das Oficinas de rexistro ou nas Bibliotecas Municipais ( Atópanos )

Preguntas frecuentes

Podo cambiar o meu enderezo de correo electrónico ou móbil unha vez creada a conta?

Si. Unha vez iniciada sesión en Identidade dixital podes cambiar os teus datos de contacto desde o teu perfil de usuario. Este correo non pode estar a ser utilizado noutra conta do concello. Se fose así, entra con esoutro correo e cámbiao para que xa non estea en uso.

Que pasa se non me acordo do contrasinal?

Se tes algunha rede social como Facebook, Google, X ou Apple asociada ao mesmo correo que utilizaches para a túa conta do concello pódeste identificar sen necesidade de lembrar o teu contrasinal.

En caso contrario podes elixir identificáreste recibindo un código no correo electrónico ou un sms no teu móbil (no caso de que introducises o teu número de teléfono móbil no teu perfil).

Tes máis dúbidas?

Podes consultarnos as túas dúbidas por Internet, teléfono ou presencialmente. Elixe o medio que prefiras en Comunícate!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión