Concello da Coruña

Concello da Coruña

Oficina especializada

Aquarium Finisterrae

Enderezo:

Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Como chegar:

Autobús: Liña 3 - Liña 3A - Liña 11

Bicicoruña: Paseo marítimo (Aquarium)

Teléfono:

+ (34) 981 189 842

Páxina web:

http://www.coruna.gal/mc2

Horario:

Inverno (xaneiro e febreiro):

Luns a venres: 10.00 a 18.00 h*

Sábados, domingos e festivos: 11.00 a 19:00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

1 e 6 de xaneiro: pechado

Primavera (marzo a xuño):

Luns a domingo: 10.00 a 19:00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

Verán (xullo e agosto):

Luns a domingo: 10.00 a 20.00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

Outono (setembro a decembro):

Luns a domingo: 10.00 a 19:00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

24 de decembro: 10.00 a 14.00 h

25 de decembro: pechado

31 de decembro: 10.00 a 14:00 h

O Aquarium Finisterrae é un centro público de ciencia dedicado á educación ambiental e a divulgación científica de temas mariños.

O terceiro dos Museos Científicos Coruñeses ten por obxectivo promover o coñecemento do océano e educar actitudes de agarimo cara ao mar e a vida mariña. Foi creado polo Concello da Coruña o 5 de xuño de 1999.

O Aquarium Finisterrae conta con catro salas de exposicións, cada unha con personalidade propia, e unha colección biolóxica composta por máis de trescentas especies diferentes.

EXPOSICIÓNS

> SALA ISABEL CASTELO

Está dedicada a exposicións temporais con sorprendentes imaxes de natureza e medioambiente. O seu contido renóvase varias veces ao ano.

> SALA MAREMAGNUM

É o núcleo educativo do Aquarium. Ademais de grandes acuarios, contén a OceanoSfera e decenas de elementos museísticos que propoñen experiencias interactivas.

> SALA HUMBOLDT

Dedicada a grandes exposicións temporais monográficas. O seu contido renóvase con periodicidade.

Actualmente esta sala presenta «Sexo azul», unha exposición interactiva que trata sobre a reprodución sexual dos seres vivos que viven na auga. Está formada por vinte módulos que conteñen seres vivos, pezas de museo, modelos, pantallas táctiles, xogos, aparellos interactivos e ilustracións.

> SALA NAUTILUS

É a sala máis espectacular do Aquarium Finisterrae. Foi deseñada para ofrecer unha experiencia emocional única. Está mergullada nunha gran piscina de cinco millóns de litros de capacidade e a súa decoración lembra á do gabinete do capitán Nemo a bordo do submarino Nautilus. Ao redor da sala nadan os peixes de maior tamaño do acuario, como as quenllas, corvinas, peixes limón (seriolas), douradas, robalizas e meros. Tamén hai bancos de xardas e xurelos. Periodicamente, en sincronía cunha música composta especificamente para esta sala por Luís Delgado, ilumínase a zona central, que alberga unha colección de diversos obxectos antigos relacionados co mar.

> TERRAZAS EXTERIORES

Completan a oferta museográfica do Aquarium. Nelas exponse a áncora do buque petroleiro Mar Exeo, que o 3 de decembro de 1992 encallou fronte á Torre de Hércules provocando unha marea negra; o Xardín Botánico, con plantas do litoral galego; o Paraíso Mariño, que recibe auga directamente do mar e onde viven tres machos de Phoca vitulina, e o Piscinarium, outra piscina de gran volume onde se atopan nove femias da mesma especie de foca.

ACTIVIDADES

Actividades e talleres das que poden gozar as persoas que visitan o Aquarium Finisterrae.

  • Alimentación de focas. Unha actividade na que público pode contemplar a rutina da alimentación das focas do Aquarium a cargo dos e das súas coidadoras. Todos os días ás 12 e ás 17 horas.
  • «Quenllas á vista». Un taller experimental para descubrir curiosidades sobre as quenllas en xeral e en particular dos que se manteñen no Aquarium Finisterrae. Fins de semana ás 18 horas na Charca das Caricias.

Estas actividades non teñen un custo adicional, están incluídas no prezo da entrada que cada persoa deba aboar para visitar o Aquarium Finisterrae.

HORARIO

> INVERNO (xaneiro e febreiro)

Luns a venres: 10.00 h a 18.00 h*

Sábados, domingos e festivos: 11.00 h a 19:00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

1 e 6 de xaneiro: pechado

> PRIMAVERA (marzo a xuño)

Luns a domingo: 10.00 h a 19:00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

> VERÁN (xullo e agosto)

Luns a domingo: 10.00 h a 20.00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

> OUTONO (setembro a decembro)

Luns a domingo: 10.00 h a 19:00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

24 de decembro: 10.00 h a 14.00 h

25 de decembro: pechado

31 de decembro: 10.00 h a 14:00 h

ENTRADAS

>> As entradas adquírense na recepción do Aquarium, pero se queres ter a seguridade de que terás sitio, reserva entrada con antelación aquí: reserva de entradas

> Xeral: 10 euros

> Reducida*: 4 euros

*Menores de 16 anos; maiores de 65; persoas desempregadas, tras a presentación do documento acreditativo; Carné Xove, carné de estudante e membros de familias numerosas, tras a presentación de documento acreditativo.

> Gratis

  • Festivos locais do Concello da Coruña (1 de marzo e 7 de outubro de 2022)
  • Día da Ciencia na Rúa (7 de maio de 2022)
  • Día dos Museos (18 de maio de 2022)
  • Semana da Ciencia (do 14 ao 20 de novembro de 2022)
  • Persoas con discapacidade
  • Menores de 4 anos
  • Guías turísticos no desenvolvemento das súas tarefas, tras a presentación de carné acreditativo
  • Persoal docente, debidamente acreditado
  • Estudantes da Universidade da Coruña, tras a presentación de carné acreditativo
  • Xornalistas, debidamente acreditados
  • Membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias
  • Membros da Asociación Española de Museólogos e da Federación Española de Amigos dos Museos

> Bono Tres Casas: 12 euros

> Cartón Vente: 20 euros

> Cartón Vente Mini*: 10 euros

*Menores de 16 anos e maiores de 65

  • Bono tres casas: permite o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae (só un acceso por museo); é necesario conservar o bono en perfecto estado.
  • Cartóns Vente e Vente Mini: son nominativos, permiten o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae durante un ano natural contado desde a data de emisión (sen límite de accesos) e será necesario presentar o DNI cada vez que se utilicen.

VISITAS ESCOLARES

Se queres visitarnos cun grupo escolar, consulta toda a información aquí.

Documentos relacionados

  • Plano contidos Aquarium Finisterrae (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión