22 de xaneiro de 2021
A alcaldesa, Inés Rey, que desvelou os datos do informe sinala que “son moi preocupantes” e instou a cidadanía a evitar os contactos sociais e restrinxilos só aos conviventes. Edar Bens publicará cada semana os datos da presenza da Covid-19 nas augas residuais da Coruña e a súa área metropolitana.
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, apuntou hoxe que os datos do estudo CovidBens, proxecto de investigación consistente en analizar a carga viral presente nas augas residuais e lodos da depuradora de Bens para coñecer a evolución real da pandemia, son "moi preocupantes" polo que instou a cidadanía a evitar os contactos sociais e restrinxilos só aos conviventes. Apunta que, segundo este informe que estima o número de portadores do coronavirus (sintomáticos e asintomáticos) nos concellos que verten as súas augas residuais á Edar Bens (Oleiros, Cambre, Culleredo, Arteixo e Coruña), existen a día de hoxe 7.600 portadores do virus.
"O incremento dos contaxios é moi precoupante e grazas a este proxecto podemos anticiparnos aos brotes dúas semanas antes que os datos clínicos, atendendo á información que se desprenden das augas residuais", asegura Rey.
CovidBens tamén funciona como sistema de alerta temperá, de tal forma que pode adiantarse ata dúas semanas con respecto aos datos sanitarios, servindo como sentinela para detectar un brote, explicou a alcaldesa e presidenta do Consello de Edar Bens.
O proxecto COVIDBENS, que se realiza desde abril de 2020, ocúpase de coñecer a evolución da epidemia e de determinar o número de persoas portadoras do coronavirus SARS-CoV-2 na área metropolitana da Coruña, cuxos case 400.000 habitantes verten as súas augas residuais á depuradora de Bens, considerando que todas as persoas infectadas, teña ou non síntomas, excretan virus nas súas feces.
Para iso, empréganse unha serie de modelos estatísticos que permiten estimar o número de portadores a partir da carga viral (número de copias de ARN do virus por litro) presente na auga.
Este proxecto de investigación está realizado por un equipo multidisciplinar -que inclúe microbiólogos, enxeñeiros, matemáticos, informáticos e químicos- da UDC, o INIBIC, o CHUAC, o CITIC e o CICA, e cuxo fin principal consiste en analizar a carga viral presente nas augas residuais e lodos da depuradora de Bens para coñecer a evolución real da pandemia.
Cada semana actualizaranse na web de Edar Bens os seguintes parámetros:
• Evolución da carga viral nas augas residuais dos cinco Concellos aos que presta servizo Edar Bens. Esta evolución permite determinar o número de persoas portadoras do coronavirus SARS-CoV-2 na área metropolitana da Coruña, considerando que todas as persoas infectadas, teñan ou non síntomas, excretan virus nas súas feces.
• Evolución do número de portadores estimados a partir da carga viral (número de copias de ARN do virus por litro) presente na auga residual. Esta curva obtense mediante o modelo matemático deseñado polos investigadores do proxecto CovidBens.
• Evolución da carga viral nas augas residuais de cinco zonas correspondentes aos Concellos onde presta o seu servizo Edar Bens. Estas mostras non corresponden coa perfecta delimitación xeográfica dos termos municipais, xa que por motivos hidráulicos poden haber zonas pertencentes a un concello que non se recollan, ou outras que vertan ao municipio lindeiro e non ao seu.
13 resultados
O 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible