Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

26 de maio de 2020

O concello abre mañá o prazo de preinscrición para os campamentos de verán

O Goberno local ofrece 7.475 prazas para que as familias poidan conciliar durante estes meses

O concello abre mañá o plazo de inscrición para os campamentos de verán que comezarán o 22 de xuño. A preinscrición será telemática e facilitarase axuda telefónica a través do 010. O Goberno local ofrece 7.475 prazas en quendas de 15 días para que as familias poidan conciliar e que as/os pequenos e a mocidade desfruten do deporte, da natureza, da música e da ciencia.

Desde o concello informan que terán preferencia as/os empadroadas/os no Concello da Coruña, familias monoparentais, e aquelas/es cuxos proxenitores estean ambos traballando ou teletraballando.

-Preinscrición: 27, 28 e 29 de maio

-Listas de preinscritas/os: 30 de maio ás 10.00 h, nas webs municipais e 010

-Posibles reclamacións das listas de preinscritas/os: 30 e 31 de maio e 1 de xuño

-Sorteo: 3 de xuño. Consultar en cada centro o seu horario.

-Listas de persoas admitidas e de espera: 9 de xuño ás 10.00 h, nas webs municipais e 010

-Inscrición e aboamento da cota: 10, 11 e 12 de xuño

-Xestión das listas de espera: do 13 ao 19 de xuño

-Inicio dos campamentos: a partir do 22 de xuño ou 1 de xullo, en función de modalidades e espazos, segundo a oferta de cada sevizo.

MODALIDADES

Benestar Social. Os centros cívicos disporán de 2.625 prazas dirixidas á cativada de 4 a 12 anos e haberá prazas para nenas/os con necesidades educativas especiais ou con algunha discapacidade. Ofrecerá ademais 100 vacantes sin custo en campamentos, que terán lugar en xullo no polideportivo de Labañou.

Consorcio para a Promoción da Música. Ofrecerá no Centro Ágora 60 prazas para pequenas/os e mocidade de entre 6 e 17 anos en catro quendas nos meses de xuño e agosto.

Servizo municipal de Deportes: Ofertará 700 prazas para rapazas e rapaces de entre 6 e 13 anos sen custo en campamentos na Cidade Deportiva de Riazor e nos polideportivos de Novo Mesoiro e Sagrada Familia, e actividades nos campos de fútbol.

En colaboración coa Federación das ANPA da Coruña, 2.430 alumnas/os de Educación Infantil e Primaria poderán desfrutar de actividades nos CEIP Alborada, Curros Enríquez, Emilio Pardo Bazán, Juan Fernández Latorre, Manuel Murguía, Rosalía de Castro, San Pedro de Visma, Sanjurjo de Carricarte e Wenceslao Fernández Flórez e contarán coa opción de madrugadores, con ou sen almorzo, e servizo de comedor.

IMCE. Ofrecerá 1.350 prazas para nenas/os de 4 a 12 anos no Fórum Metropolitano e o Centro Ágora. Haberá prazas reservadas para a cativada con necesidades educativas especiais ou con algunha discapacidade.

Museos Científicos. Acollerán a 150 mozas e mozos de entre 12 e 17 anos na Domus e no Aquarium Finisterrae.

OMIC (Oficina Municipal de Información ás persoas Consumidoras). 60 prazas de custo gratuíto para cativas/os de catro a dez anos.

Para máis información: https://www.coruna.gal/web/gl/actualidade/axenda/campamentos-veran-2020

https://www.coruna.gal/educacion/gl/actualidade/novas/detalle-noticia/con-cilia-no-cole-o-programa-de-conciliacion-no-veran-da-federacion-de-anpas-de-centros-publicos-da/suceso/1453733101698

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión