Concello da Coruña

Concello da Coruña

Composición

Composición

A composición, competencias, organización e funcionamento do Tribunal Económico-Administrativo Municipal da Coruña, así como o procedemento das reclamacións regúlase no Regulamento do órgano para a resolución de reclamacións económico-administrativas aprobado polo Concello e publicado no BOP de data 13 de decembro de 2004.

O Regulamento orgánico sinala que o TEAM estará integrado por un número impar de membros, e formarase, polo menos, co Presidente e dous vogais, un dos cales desempeña ademais a función de Secretario do Tribunal e serán designados polo Pleno co voto favorable da maioría absoluta dos membros que legalmente o integren, entre persoas de recoñecida competencia técnica.

Para garantir esta competencia técnica, o Regulamento orgánico dispón que todos os integrantes do Tribunal deberán de ser ou ser funcionarios do grupo A ou equivalente, en servizo activo ou non, de calquera Administración Pública e valorarase especialmente a súa experiencia na carreira xudicial, a administración tributaria do Estado, das Comunidades Autónomas ou das Corporacións Locais e o profesorado universitario na disciplina de Dereito Tributario.

Na actualidade o Tribunal está formado polos seguintes membros:

  • Vocal-Secretario: D. José Antonio Gómez García

Normativa

Memorias

  • Memoria 2005 (100 KB)
  • Memoria 2006 (77 KB)
  • Memoria 2007 (202 KB)
  • Memoria 2008 (91 KB)
  • Memoria 2009 (105 KB)
  • Memoria 2010 (119 KB)
  • Memoria 2011 (109 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión