Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

2023MLB

Convocatoria “Mover os baixos”

Canles:

Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Tramitación electrónica

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Sector público, Trámites e xestións, Comercio

Vixente:

Si

Subvencións para promover a consolidación do tecido comercial, profesional, hostaleiro e empresarial, así como apoiar o mantemento e creación de emprego.

Convócanse subvencións coa finalidade de incentivar a dinamización do tecido empresarial local apoiando o proceso de creación de empresas e aquelas empresas que implementen medidas innovadoras e sostibles cun impacto positivo na cidade e no desenvolvemento da economía local no municipio da Coruña no marco do Plan de dinamización "Mover os baixos".

Convocatoria “Mover os baixos”

Inscricións:

Dende o 06/03/2023 ata o 31/07/2023

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Pequenas e medianas empresas (Pemes), persoas autónomas e Entidades de economía social reguladas na lei 6/2016 de 4 de maio de economía social de Galicia e lei estatal 5/2011 de 29 de marzo .

Requisitos:

Requisitos das persoas beneficiarias (base 7.2 da convocatoria):

Son requisitos esixibles ás persoas beneficiarias, que deberán estar cumpridos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o prazo de execución da actividade subvencionada, ademais dos previstos con carácter xeral nos artigos 11 e 13 da Lei xeral de subvencións e os especificamente fixados nos apartados anteriores, os seguintes:

7.2.1. Requisitos comúns:

  • Que teñan xustificadas as subvencións anteriormente concedidas polo Concello da Coruña, agás que aínda non transcorrese o correspondente prazo de xustificación.
  • Que se atopen ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa AEAT, coa Seguridade Social e co Concello da Coruña, o cal se acreditará mediante declaración responsable, a excepción do suposto de importe máximo previsto na Base 8ª. Admítese que solicite e conceda o adiamento do reintegro no seu caso.
  • Que iniciasen unha actividade empresarial ou profesional no municipio da Coruña en data comprendida entre o 1 de xaneiro de 2022 e o 30 de xuño de 2023, ambos os días inclusive e que estean validamente constituídos coa súa correspondente alta en Facenda e na Seguridade Social neste período. Que manteña dita actividade sen interrupción durante os anos 2022 e 2023.
  • Considerarase como inicio da actividade empresarial a alta no Réxime especial da Seguridade Social para traballadores autónomos (en diante RETA), mutualidade ou colexio profesional correspondente. A data do recoñecemento da alta deberá estar comprendido nas datas obxecto da convocatoria. Só nos supostos que o autónomo/a tivese un alta previa noutra actividade, deberá acreditar a comunicación á Seguridade Social do cambio de actividade no súa CNAE correspondente.
  • No caso de entidades con personalidade xurídica, o inicio da actividade será a alta nas datas obxecto da convocatoria do socio/a que ostente o cargo de administrador/a de a empresa e en caso de administración mancomunada polo menos un/unha das administradores/as solidarios/as deberá ter un recoñecemento de alta nas datas obxecto da convocatoria e na actividade para a que solicita a subvención.
  • Que a actividade radique no termo municipal da Coruña
  • No caso de que a actividade non teña establecemento permanente: que a entidade beneficiaria teña o seu domicilio fiscal no termo municipal da Coruña.
  • Os demais contemplados nas bases, na Lei xeral de subvencións e demais normas de aplicación.

Prezo / Custo:

Presentación gratuíta

Órgano que resolve:

Titular da Concellaría Delegada de Comercio, Mercados e Barrios

Presentación

Prazo de presentación:

Órgano xestor:

  • Empresa municipal de vivenda e servizos S.A. EMVSA.

O prazo máximo de resolución e notificación/publicación da concesión das subvencións é de seis meses, desde a data na que a solicitude teña entrada no rexistro electrónico da Administración ou Organismo competente para a súa tramitación.

O período utilizado para a corrección de deficiencias e achega de documentos de solicitudes interromperá este prazo, ao amparo do artigo 22.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documentación necesaria:

  • Solicitude (exclusivamente electrónica):
    • Con xustificación: Anexo 1: Declaración responsable; Anexo 2: relación clasificada e detallada de gastos; demais documentación esixida nas bases, segundo o caso.
    • Sen xustificación: Anexo 1: Declaración responsable; demais documentación esixida nas bases, segundo o caso.
  • Xustificación nun momento posterior á solicitude (exclusivamente electrónica): Anexo 2: relación clasificada e detallada de gastos; demais documentación esixida nas bases, segundo o caso.
  • Se o número de socios é superior a 5, descargar e cubrir o Anexo 3: Relación complementaria de socios.

** Nota: a relación completa da documentación para presentar fica detallada nas Bases da convocatoria

Documentos relacionados

  • Anexo1_Declaración Responsable (518 KB)
  • Anexo 2_Relación de gastos (1 MB)
  • Anexo 3_Relación complementaria socios -a partir de 6- (535 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Este trámite só se pode efectuar por vía telemática.

Internet

Que se necesita?:

  • Deberá dispoñer de certificado dixital.
  • Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a subvención que solicita, segundo se especifica na apartado "Documentación necesaria".
  • No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

  • A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=2002

Teléfono

Despois

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Recursos posibles:

  • Recurso potestativo de reposición.
  • Recurso contencioso-administrativo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión