Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Que facer en caso de roubo, perdida ou deterioración?

A persoa usuaria deberá acudir ao centro municipal de xestión da Tarxeta Coruña Millennium situado na Estación de Autobuses, ou ben chamar ao 010.

No centro de xestión comprobarase o motivo da substitución e determinarase se é necesario ou non que aboe a nova tarxeta. En caso de deterioración (e só en caso de deterioración, é dicir débese entregar a tarxeta antiga) nun prazo aproximado de quince días desde que a persoa usuaria reciba a nova tarxeta poderá recuperar o saldo que tiña na tarxeta estragada en calquera oficina de Abanca.

No caso de que a/o titular non devolva a tarxeta (ex. perda ou roubo) non será posible a devolución do saldo de ningún dos dous moedeiros.

Importante: en calquera dos supostos antes indicados é necesario que a/o titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión