Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tramitación para sardiñadas, churrascadas e similares e outras actividades propias da festa de San Xoán

En que consiste?:

As persoas, organizacións ou comunidades que desexen realizar grelladas, cacharelas, sardiñadas e similares en lugares públicos, deberán facer unha comunicación previa á Área de Seguridade Cidadá.

Onde se fai?:

  • Concello da Coruña

Praza de María Pita nº 1 C.P. 15001 A Coruña.

  • Fórum Metropolitano

Rúa Río de Monelos nº 1 C.P. 15006 A Coruña.

  • Centro Sociocultural Ágora

Lugar da Gramela, nº 17 C.P. 15010 A Coruña.

  • Rexistro da área Económica Municipal.

Rúa Franxa, 20 Baixo. 15001 A Coruña

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

SARDIÑADAS, CHURRASCADAS OU SIMILARES:

A solicitude deberá comunicarse mediante Comunicación previa que será efectiva entre o 17 de xuño e o 3 de xullo de 2022 (ambos os días incluídos).

As actividades mencionadas deberanse realizar entre as 13.00 horas e as 16.00 horas e entre as 20.00 horas e as 00.00 horas.

Na comunicación deberá constar, como mínimo de:

  • Día e hora (inicio e fin).
  • Tipo (sardiñada, cacharela, churrascada...).
  • Localización do evento (enderezo, lugar...).
  • Nº de participantes aproximados.

IRÁ DIRIXIDA A:

  • Área de Segudidad Cidadá.

RESPOSTA Á SOLICITUDE:

  • Poderase enviar por correo electrónico unha serie de consellos para a seguridade da mesma.

PARA CALQUERA CONSULTA:

FESTAS DE SAN XOÁN:

Na noite do 23 de xuño, autorízase a realización de fogueiras en espazos de titularidade pública.

Para iso, será preciso que as persoas interesadas presenten unha Comunicación previa á Área de Seguridade Cidadá, con polo menos 48 horas de antelación.

Na comunicación deberá constar, como mínimo de:

  • Día e hora (inicio e fin).
  • Tipo (sardiñada, cacharela, churrascada...).
  • Localización do evento (enderezo, lugar...).
  • Nº de participantes aproximados.

IRÁ DIRIXIDA A:

  • Área de Segudidad Cidadá.

RESPOSTA Á SOLICITUDE:

  • Poderase enviar por correo electrónico unha serie de consellos para a seguridade da mesma.

PARA CALQUERA CONSULTA:

Como se fai?:

Descargar Comunicación previa e unha vez cuberto, presentalo por rexistro (cita previa).

Pode solicitar cita previa:

- Teléfono 010.

- Internet: Cita previa

Internet

Como se fai?:

Deberase comunicar:

- A través da Sede electrónica municipal

ou

- A través do correo electrónico seguridadciudadana@coruna.gal

Os prazos e os datos requiridos son os mesmos que para a presentacion presencial.

Teléfono

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión