Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Trámite

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cambio de titularidade actividade clasificada

En que consiste?:

Consiste na transmisión polo titular dunha licenza a un terceiro interesado en continuar co exercicio da mesma actividade no local para o cal se concedeu. Para iso, a licenza ha de estar vixente e a actividade exercéndose, debiéndo ser a mesma actividade e no local de que se trate a pretendida polo adquirente.

Enténdese por actividade clasificada aquela que está comprendida entre as que o Decreto 2414/1961, de 30 de novembro de 1961 (RAMINP) cualifica como molestas, insalubres, nocivas ou perigosas.

Presencial

Que se necesita?:

  • Modelo de solicitude específico.
  • Depósito previo (ordenanza fiscal municipal nº4).
  • Copia da licenza de apertura
  • Cesión do anterior Titular.
    Nos casos de falecemento do titular da actividade para a obtención da transmisión polos seus herdeiros, bastará a copia da declaración de falecemento e declaración de herdeiros.
    Para aqueles supostos nos que o dono do local, distinto do titular da actividade atopásese ante un conflito de desafiuzamento, bastará a copia da sentenza e no seu caso do lanzamento do arrendatario ou precarista.
    Se os solicitantes constitúen unha Sociedade civil ou comunidade de bens, farase constar o nome de todos os socios ou comuneiros. Se a solicitante é unha persoa xurídica achegarase o documento acreditativo da persoa que a representa.
  • Baixa en IAE do anterior titular ou acreditación por calquera medio admisible en dereito que non estivo pechado por tempo superior a 6 meses.)
  • Alta IAE ( ou modelo 036)
  • Proxecto Técnico de adecuación de instalacións a normativa vixente (cando a licenza é posterior a 1998).
  • Contrato de arrendamento ou xustificación da propiedade.
  • No suposto daquelas actividades susceptibles de producir molestias por ruídos por contar con instalacións frigoríficas, de aire acondicionado, cortadoras, etc...( carnicerías, actividades relacionadas coa elaboración de mobles, portas, xanelas, talleres mecánicos, relacionados coa actividade de reparación de automóbiles e similares), hase de presentar informe realizado por empresa homologada pola Xunta de Galicia con medición acústica no que conste que as medidas de insonorización cumpren co disposto polo Decreto 320/2002.

Internet

Teléfono

Máis información:

A documentación pode presentarse ademais de en a área de Urbanismo en calquera outro rexistro municipal, así como en todos aqueles que establece o art. 38.4 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión