Concello da Coruña

Concello da Coruña

SCG

Solicitude xeral

Canles:

Presencial, Telemático

Materia:

Sector público, Trámites e xestións

Órgano responsable:

Concello da Coruña

Vixente:

Si

Solicitude de carácter xeral

Mediante este servizo electrónico permítese solicitar o inicio de todos aqueles procedementos que non contan cunha solicitude específica

Solicitude de carácter xeral

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Están lexitimadas para solicitar, ben por si mesmas ou por medio de representante, as persoas interesadas e con capacidade xurídica para iniciar ou participar no procedemento administrativo ao que se refira a solicitude presentada.

Requisitos:

Os necesarios para xestionar a solicitude en concreto.

Prezo / Custo:

O que estea establecido para o procedemento solicitado.

Órgano que resolve:

O que teña atribuídas as competencias sobre a materia a que se refira a solicitude concrreta

Máis información:

A cidadanía pode dirixirse por escrito ao Concello da Coruña cubrindo o formulario de instancia xeral normalizada, que será utilizado en todos aqueles trámites para os cales os servizos municipais non determinasen a utilización dun formulario específico.

Antes de utilizar o formulario de instancia xeral dispoñible nesta páxina:comprobe que non existe unha ficha de trámite específica, co seu correspondente formulario, para a xestión que necesita realizar.

Presentación

Prazo de presentación:

Dependerá das condicións e datas específicas do procedemento solicitado.

Documentación necesaria:

Dependerá da documentacion necesaria no procedemento concreto solicitado.

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (65 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Nas oficinas de rexistro municipais, así como nos rexistros doutras administracións públicas estará dispoñible o formulario de solicitude xeral, que tamén pode descargar desde esta páxina..

Tamén se poderán remitir mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Como se fai?:

Solicitando cita previa para a dependencia municipal en que se vaia efectuar a presentación.

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital.

Unha vez cuberta a solicitude telemática (modelo 001) debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a actuación que solicita, segundo se especifíca no procedemento invocado.

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitación telemática

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Tres meses, ou ben o establecido para o procedemento solicitado, se fose diferente.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión